Page 50 - revista agaca 154_web
P. 50
50
novas
Caixa Rural Galega celebra a súa Asemblea Xeral
Caixa Rural Galega celebrou a súa Asem-
blea Xeral anual o sábado, 3 de xullo. Apro-
báronse as contas do exercicio 2020, onde
destaca un beneficio neto de 5,75 millóns de
euros, cifra lixeiramente superior á de 2019,
o que supón sete anos consecutivos con
incremento de resultados.
Os activos acadan case os 1.800 millóns de
euros, supoñendo un crecemento do 23%
respecto do ano anterior. Os depósitos de
clientes supoñen case 1.200 millóns de euros e o investimento crediticio acada os 690 millóns de euros, o
que supón para ambas as partidas crecementos do 18% e do 24% respectivamente. A entidade pechou o
exercicio cunha razón de morosidade do 3,51% continuando a súa tendencia á baixa.
Tamén estaba na orde do día a elección de vicepresidente pola baixa do anterior, Venancio Rocha, que
deixou o Consello Reitor de xeito voluntario tras máis de 30 anos. Sucédelle, Ángel Ramil Castelo, membro
do Consello Reitor dende o ano 2002 e actual secretario do Consello Regulador da Denominación de Orixe
Protexida San Simón da Costa.
Viña Costeira logra Celebrouse o IV Foro Medrando
o único ouro do Xuntas en Pazo Baión
Ribeiro cos premios
Bacchus
Podería dicirse que é o
Viña Costeira 2020 Ribeiro
é o mellor ribeiro do mundo,
xa que foi o único ouro
acadado por un viño da
Denominación de Orixe
Ribeiro na XIX edición
do Concurso Interna- Medio centenar de mulleres participaron o 18 de xuño na cuarta edición
cional de Viños Bacchus deste Foro dirixido a mulleres da economía social: socias e/ou traba-
desenvolvido en Madrid lladoras, responsables de dirección e/ou de goberno, habilitando un
entre o 24 e o 27 de maio. espazo de conversa sobre os retos, desafíos e oportunidades que teñen
as mulleres no seu desenvolvemento profesional.
O Bacchus está consi-
derado como o maior A propia conselleira de Igualdade, María Jesús Lorenzana, indicou:
certame vitivinícola «Marcámonos como firme obxectivo que a metade das promotoras das
do país. Nesta edición novas cooperativas sexan mulleres». Neste senso, avogou pola igualdade
presentáronse 1.691 entre homes e mulleres, baseada na corresponsabilidade no fogar en na
viños procedentes de xustiza no traballo.
21 países e acudiron 83 A celebración da xornada en Pazo Baión, propiedade de Condes de
sumilleres internacionais.
Albarei, ten unha dobre simboloxía, xa que esta cooperativa está liderada
Viña Costeira acadou outro ouro, por unha muller, Dolores Calvo, e no pasado foi protagonista de múltiples
ademais, co viño Viña Costeira manifestacións contra a droga, cando Laureano Oubiña era dono deste
Mencía 2020, da D.O.Valdeorras. espazo. Ese movemento de protesta foi o xerme da Asociación Érguete,
integrada por mulleres que proclamaban a súa repulsa por todo o que
movía a droga e o rompemento que inflixía nas familias.