Page 49 - revista agaca 154_web
P. 49

49

                                                                                                    novas
                Martín Códax, cooperativa galega entre as recoñecidas

                      por SIGFITO como as que máis reciclaron en 2020



               O sistema de recollida de envases agrarios recoñece a un
               total de 27 empresas agrarias, cooperativas e distribuidores
               que máis coidan do medio ambiente en toda España. Os
               Premios SIGFITO distinguen aos puntos de recollida de cada
               Comunidade Autónoma que máis envases reciclaron durante
               o ano 2020 en dúas categorías: unha denominada Planeta
               Verde, destinada a aquelas entidades que superaron a cifra
               de 3.000 quilos de envases reciclados, e outra chamada
               Cultivo Sostible, para aqueles puntos que están por debaixo
               desa cantidade.

               Na categoría de Cultivo Sostible, en Galicia, o recoñecemento
               recaeu sobre Viticultores Martín Códax, S. Coop. Galega.



                ACODEA e CLUN cooperarán co desenvolvemento da

                           gandería en países en desenvolvemento


               CLUN e ACODEA asinaron un acordo de Cooperación que regula a participación de directivos, técnicos,
               empregados e gandeiros de CLUN como agripoolers, para asesorar, proporcionar servizos de capacitación
               e executar estudos de viabilidade para mellorar a posición das organizacións de produtores, cooperativas
               e gandeiros nos mercados emerxentes. Actualmente son oito os expertos de CLUN que participan habitual-
               mente nos asesoramentos, capacitacións e xiras de intercambio tanto presenciais como virtuais que organiza
               ACODEA.
               ACODEA cre firmemente que as organizacións de produtores e as cooperativas son un vehículo poderoso
               e sostible para o crecemento económico, xerar emprego de calidade e superar a pobreza. Fortalecer as
               estruturas destas organizacións e contribuír a que se doten institucións e persoas dos instrumentos necesarios
               para facer fronte aos desafíos do mercado vai facilitar a participación dos pequenos produtores na toma de
               decisións a todos os niveis, transformándose así en xestores do seu propio desenvolvemento. En 2014, ACODEA
               integrouse como Agriagencia membro de AGRICORD, unha alianza global de agriaxencias, converténdose
               na organización española de referencia en termos de cooperación ao desenvolvemento agropecuario e
               cooperativo.
               O acordo con CLUN contempla, ademais: o desenvolvemento de proxectos de cooperación conxuntos en
               función da coincidencia das estratexias e obxectivos de ambas as organizacións; un proxecto de pasantías
               para a formación presencial de gandeiros
               de  América Latina no ámbito de CLUN
               e doutras cooperativas; a participación
               mutua en eventos propios e de terceiros
               de fomento do cooperativismo, formación
               empresarial, despoboamento rural e outros,
               así como a difusión de actividades desen-
               volvidas.

               Tamén nestes días CLUN asinaba un
               compromiso pola inclusión das persoas con
               discapacidade, con COGAMI.

                                                                                                        Nº 154 Agosto 2021
   44   45   46   47   48   49   50   51   52