Page 48 - revista agaca 154_web
P. 48

48

               novas


               Cooperativas Agro-alimentarias de España organiza a
                                  II Convención de Cooperativas



               Cooperativas  Agro-alimentarias de  España orga-
               nizou a II Convención de Cooperativas nos meses
               de xuño e xullo a través de varios seminarios en liña.
               O primeiro levou por título "Os retos do Cooperati-
               vismo Agroalimentario da UE nos próximos 10 anos".
               Contou coa participación de destacados expertos
               da COGECA (Confederación de Cooperativas
               Agroalimentarias da UE) e da Comisión Europea,
               que expuxeron os seus puntos de vista, deNde unha
               perspectiva global comunitaria e tamén por países,
               sobre as oportunidades e retos que se presentan ás
               cooperativas na nova era PAC.
               As xornadas celebráronse en directo en liña. Comezaron coa inauguración por parte do presidente de Coope-
               rativas Agro-alimentarias de España, Ángel Villafranca, e a directora de Negocio Agro-Santander España e
               Europa, Lorena Ruiz. A continuación, interveu Roberto Berutti, do gabinete do comisario de Agricultura da
               Comisión Europea, Janusz  Wojciechowski, e, posteriormente, tivo lugar un debate entre representantes de
               organizacións membro da COGECA de distintos países: Tina Linnainma (Finlandia), Leonardo Pofferi (Italia),
               Bernard Ader (Francia), Jan Laustsen (Dinamarca), Elli Tsiforou (Grecia) e  Pekka Pesonen (secretario xeral do
               COPA-COGECA). O debate estivo moderado polo presidente da COGECA, Ramón Armengol, representante de
               Cooperativas Agro-alimentarias de España.

               Gabriel Trenzado, director técnico de Cooperativas Agro-alimentarias de España, resumiu as conclusións do
               debate destacando que o modelo de cooperativo agroalimentario segue sendo un modelo útil e de actua-
               lidade, debendo mirar ao futuro e ser unha ferramenta ofensiva para ser pioneiro na adaptación á nova
               realidade e que a substitución xeracional e integración da muller son claves de futuro,polo que é necesario
               acompañar ás persoas novas nos proxectos acometidos.

               Por outra banda, houbo acordo en que a marca cooperativa ten un gran potencial ante a sociedade e o
               consumidor, ao ser percibida como un produto de proximidade e con valores sociais aínda que hai que
               potenciala e en que as cooperativas teñen unha posición ideal para afrontar retos de sustentabilidade
               ambiental e aplicar a innovación en toda a cadea.




                  Condes de Albarei presenta a súa nova imaxe



               A adega Condes de Albarei presentou a nova imaxe do seu buque insignia, o albariño Condes de
               Albarei. A adega emprendía con este viño un soño en 1988.

               O elemento central da nova etiqueta de Condes de Albarei é a circunferencia que representa
               á uva albariño: a razón de ser da adega, e o mimo e traballo que os viticultores dedican aos
               seus viñedos para conseguir unha uva excelente.

               Nesta nova imaxe tamén queda plasmada a súa esencia, dada polo privilexiado enclave no
               que está situada a adega: as Rías Baixas, o val do Salnés, a Ría de Arousa e o océano Atlántico.
               As rías móstranse presentes na cor verde da botella e na súa etiqueta.

               Por outra banda, a bodega resultou premiada no prestixioso Challenge International du Vin
               de Burdeos, recibindo a Medalla de Ouro o albariño Condes de Albarei "Carballo Galego" da
               anada 2017.
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52