Page 29 - revista agaca 151_web
P. 29
29
caderno técnico
REDUCIÓN DO IMPACTO AMBIENTAL DO XURRO
VACÚN EN GRANXAS GALEGAS
Tomouse como base experimental a explotación da SAT O Chope, situada en Sestelo, na parroquia
silladense de Escuadro (Pontevedra), que dispón de ao redor de 220 cabezas de gando vacún para a
produción de leite e máis de 95 hectáreas de terreo de cultivo: 55 hectáreas dedicadas permanente a
herba raigrás de distintos tipos, nas que realizan tres cortes (dous de silo e un de herba seca), e no resto
alternan a pradería co cultivo de millo, polo que obteñen dous cortes de herba.
A produción anual de xurro na explotación está ao redor de 5.800 m3, e tendo en conta a presenza de
xatos, esta increméntase nun 35%.
Na nave, dividida por un corredor central, están os lotes coas camas, a estación de alimentación e barra
seca. Conta cun sistema de arrobadeiras que permite a retirada constante do xurro xerado, que se dirixe
á fosa aberta, dividida en dous compartimentos con dimensións de 27x12x2,8m (longo x ancho x profun-
didade) o que supón unha capacidade de almacenamento ao redor de 1.000 m3.
O proxecto centrouse en realizar unha análise profunda dos diferentes sistemas de separación sólido/
líquido existentes no mercado e avaliar de xeito máis preciso aquel que puidese resultar máis axeitado
para esta explotación co fin de servir de espello para outras similares.
Tamén se analizaron os diferentes tipos de zonas húmidas, así como os seus compoñentes, mecanismos de
eliminación de contaminantes, as macrófitas máis adecuadas ou como realizar o deseño destes.
Actividades volvemento doutras especies vexetais como scirpus
(xunco). Unha vez desenvolvida a cuberta vexetal, o
Desenvolveuse un sistema piloto de zona húmida sistema puido tratar ata 0,5 m3/D de fracción líquida
artificial que recibe a fracción líquida proveniente e conseguir eficacias de eliminación de nutrientes
dun separador sólido/líquido no que se puido do 95%.
probar a súa elevada eficacia de eliminación do
nitróxeno e doutros parámetros como a materia Avaliáronse posibles sistemas de valorización da frac-
orgánica. Deseñouse con aireación forzada e con ción sólida. A alternativa é sometela a un proceso
typhas como especie vexetal e permitiuse o desen- de compostaxe, de forma que se poida alcanzar a
Nº 151 Decembro 2020