Page 26 - revista agaca 151_web
P. 26

26

               caderno técnico


               Este ecotipo mellorado utilizarase na campaña 2021   Na campaña 2019 entregáronse plantas  Lobularia
               nalgunhas explotación de cultivo ao aire libre onde   maritima ás explotacións monitorizadas  para que
               aparece este problema coa antocianina no mes de   comprobasen se melloraba a implantación do Orius
               agosto.                                           majusculus nos invernadoiros.

                5.- Selección nova variedade de                  Tamén  se  utilizou  o ácaro depredador  Neoseiulus
                Padrón de baixa punxencia                        cucucmeris, que permitiu ademais dun control do
                                                                 trip o control de araña vermella.
               A planta nai elixida foi a variedade Entenza que é
               un pemento tipo Padrón doce. O pole utilizado foi
               de Serrano Criollo de Morelos, variedade mexicana
               picante,  de  gran  parecido  ao  pemento  de  Padrón
               e resistencia a «Tristeza do pemento» (Phytophthora
               capsici). Esta variedade xa se ten utilizado para
               hibridar con pemento de Padrón co fin de conseguir
               resistencia a Phytophthora (Salleres-Neira et al., 2005).
               Utilizáronse dous ecotipos da variedade Serrano
               Criollo de Morelos SCM331 e SCM334.

                6.- Control biolóxico de pragas

               Aproveitando os cultivos de pemento das activi-
               dade 3 e 4 realiouse o control de trips (Frankliniella
               occidentalis) utilizando  Orius majusculus, por ser a
               especie de Orius máis polífoga e permitir así un certo
               control dos pulgóns. Como planta banco empre-
               gouse a Lobularia maritima complementando o seu
               pole a alimentación do Orius majusculus no caso de
               escasear as presas.




                    «MELLORA DE CULTIVOS HORTÍCOLAS E IMPLANTACIÓN DE

                   NOVOS SISTEMAS PARA APROVEITAMENTO DE EXCEDENTES»





















               Para a realización do proxecto contouse con persoas socias da cooperativa de Produtores de Hortalizas
               de Galicia (HORSAL) e coa colaboración do departamento agronómico do Centro Tecnolóxico da Carne
               (CETECA), como centro de innovación. O obxectivo foi implantar novas técnicas para reducir o volume
               inicial de hortalizas refugadas e ampliar as opcións de rendibilización dos produtos considerados non
               comerciais ata o de agora (por ser destríos ou ter un baixo prezo de mercado).
   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31