Page 20 - revista agaca 165_web
P. 20
20
caderno técnico
FEADER e AGACA apoian proxectos
para a innovación cárnica
En 2022 dous proxectos destinados a innovar o sector cárnico galego resultaron elixidos para
recibir financiamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco
do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.
Ambas as iniciativas contan co apoio de AGACA: Plan de acción para a mellora da susten-
tabilidade nas producións cárnicas galegas benefíciase das axudas para a execución de
proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI). A segunda, deno-
minada Desenvolvemento de novos produtos cárnicos de porco celta sen aditivos artificiais,
benefíciase das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos,
prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal. Coñezámolos.
DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS CÁRNICOS DE PORCO CELTA
SEN ADITIVOS ARTIFICIAIS (FEADER2022/001A )
Obtención de produtos cárnicos máis saudables, adaptándose ás novas necesidades e
ampliando a súa aceptación entre os consumidores.
- Entidades participantes:
O Rualdi S.L.
Fundación Centro Tecnolóxico da Carne
- Duración: 2022-2024.
- Financiamento: Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.
- Orzamento: 117.579,32€. 80% subvencionado e 75% financiado con fondos Fondo
Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), 22,5% con fondos propios
da Xunta de Galicia e 2,5% con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e
Alimentación (MAPA).
Na conxuntura actual de crise económica, o sector unha profunda reestruturación orientada á mellora
cárnico ocupa unha posición relevante en Galicia da calidade e competitividade dos produtos que
como motor da economía, sendo ademais non ofrece fronte a outras zonas produtoras. A aposta
trivial a súa importancia estratéxica como axente pola calidade é, por tanto, unha das oportunidades
dinamizador das zonas rurais. Ante os novos desafíos máis sólidas coas que conta o sector cárnico galego
do sector, centrados en ampliar mercados e na para incrementar e fortalecer a súa presenza nos
exportación dos produtos cárnicos, faise necesaria mercados.
Nº 165 Outubro 2023

