Page 12 - revista agaca 160_web
P. 12
12
tendencias
Os efectos da seca nas explotacións galegas
Non será doado esquecer un verán con temperaturas tan tórridas como as deste 2022. O calor
abraiante estendido durante os meses estivais incidiu directamente na viabilidade económica
das explotacións agrogandeiras como reflicte o informe elaborado por AGACA a finais de
agosto con datos recollidos das cooperativas asociadas e do que extraemos as conclusións
máis relevantes.
As principais producións gandeiras víronse afectadas por un incremento na mortaldade dos
animais, pola paralización do engorde, por un maior gasto enerxético destinado a refrixerar
as instalacións ou mesmo pola necesidade de investir en utensilios refrixerantes e incrementar
a subministración de auga e o seu transporte, máxime cando as traídas municipais estaban
esgotadas, os pozos secos ou existían dificultades para acceder a auga dos ríos tanto para a
rega como para os animais.
A nivel agrario, deixando a un lado os efectos dos incendios (tamén considerables), a seca
incidiu directamente na redución da produción das forraxes e dos pastos, na mingua dalgunhas
calidades, no incremento brutal de custos ao ter que aumentar as compras externas e na suba
do gasto enerxético, entre outros aspectos.
Outro dos efectos da seca foi o necesario adianto (unha media de 15 días) das recollidas:
patacas, forraxes, vendima, cebolas etc.
Gandería En porcino, o peso dos animais viuse reducido,
supoñendo nalgúns casos unha media de sete
Un gasto común —independente do tipo de quilos por porco ao final do período de cebo, e
produción— que se viu incrementado conside- aumentou a mortaldade.
rablemente sendo necesario, en moitos casos,
un aumento nos investimentos tecnolóxicos, foi o No subsector avícola foi preciso incrementar o
enerxético: en refrixeración animal, adaptación gasto en penso e sumar tres días máis de cebo
das instalacións, humidificadores, enfriamento para acadar os mesmos pesos.
dos tanques de leite etc.
Algo similar aconteceu no ámbito da cunicultura
En leite, os efectos das distintas vagas de calor xa que ao reducirse o apetito dos animais, os
supuxeron unha diferenza en negativo, en canto rendementos descenden.
a cantidade de leite producido. Por outra banda,
mentres as vacas recén paridas puideron recu- Na apicultura, a falta de choivas acurtou a
perar algo a produción, as que se atopan en fase floración das plantas provocando un importante
de lactación avanzada non recuperan. descenso na produción de mel, en comparación
con outros anos de «máis normalidade climática».