Page 38 - revista agaca 158_web
P. 38

38

               tendencias







                     A gravidade das infracións que recolle a


                                    Lei da Cadea Alimentaria



















               A Lei da Cadea Alimentaria, modificada por última vez o 16 de decembro de 2021, considérase
               un avance rotundo no relativo á defensa dos dereitos e obrigas dos distintos elos que interveñen
               na cadea alimentaria. Principalmente trata de acoutar aspectos tan daniños no sector como
               a venda a perdas, identificando e sancionando practicas abusivas nas relacións comerciais e
               tratando de incrementar o valor engadido da parte produtora.

               Co fin de facilitar a comprensión da Lei 16/2021, de 14 de decembro, pola que se modifica a Lei
               12/2013, de 2 de agosto, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria, o
               pasado 10 de maio desenvolvemos unha Sesión Formativa on line dirixida a persoal técnico e
               responsable de cooperativas. Esta iniciativa é unha actuación financiada a través do Programa
               de Asistencia Técnica 2022 enmarcado dentro das actuacións do Convenio MAPA-Coopera-
               tivas Agro-alimentarias de España.

               A citada lei afecta á totalidade dos operadores   súa redacción debe ser transparente, sinxela e
               que interveñen ca cadea alimentaria: produ-       clara. Cada parte deberá custodiar unha copia
               ción, transformación e distribución, onde entran   e permítese a firma electrónica.
               tamén as relacións comerciais nos procesos de
               envasado, transformación e acopio para comer-     E por suposto, a persoa ou agrupación produtora
               cializar animais vivos, pensos e materias primas e   deberán percibir prezos superiores ao total dos
               ingredientes para alimentación animal.            custos de produción.

               É importante ter en conta que os contratos de     Xa sabemos que «a ignorancia das leis non
               compraventa ou de subministración deben           exclúe do seu cumprimento», así que coñezamos
               formalizarse por escrito, excepto os pagos ao     as principais infracións susceptibles de cometerse
               contado, que só precisan factura, e deben reali-  e a súa consideración e multa correspondiente.
               zarse  antes da entrega do produto. Ademais, a
                                SANCIÓNS                                      IMPORTE

                             Infracións leves                               250-3.000€

                            Infracións graves                             3.000-100.000€

                         Infracións moi graves                         100.000-1.000.000€


                                 Información facilitada por Cooperativas Agro-alimentarias de España na Xornada
   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43