Page 37 - revista agaca 158_web
P. 37
37
tendencias
Información ao sector
O director xeral de Gandaría, Agricul-
Para difundir entre os interesados esta ferra- tura e Industrias Agroalimentarias,
menta, a Xunta desenvolveu diferentes xornadas José Balseiros en Curtis
informativas nas principais zonas produtoras de
leite de Galicia. Así, fixéronse presentacións, por
parte do director xeral de Gandaría, Agricultura
e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e de
representantes da Fundación Juana de Vega, en
Mazaricos, Santa Comba, Curtis, Castro de Rei,
Lugo, Lalín e Rodeiro, así como nas instalacións
das cooperativas Clun (en Ames) e Aira (en
Taboada).
Ademais, diversas comunidades autónomas,
entre elas Castela e León, Asturias, Cantabria ou
Cataluña, amosaron interese por esta aplicación
informática, para avaliar a posibilidade de incor- Charla informativa en Clun
porar ferramentas semellantes nos seus respec-
tivos territorios.
A maiores, a Xunta trasladou en varias ocasións
ao Goberno central a súa proposta de que Conta
Láctea funcionase como forma de acreditación
do custo efectivo de produción nas negocia-
cións para fixar o prezo do lácteo. Isto fíxose, por
exemplo, mediante unha emenda presentada
durante a tramitación da modificación da Lei da
cadea alimentaria, que foi rexeitada, así como en
foros coma a Sectorial de Agricultura.
A Conta Láctea enmárcase na aposta que realiza
a Estratexia do lácteo pola innovación e pola apli-
cación ao sector das novas tecnoloxías. Todo isto, Xornada en Castro
de Rei
co obxectivo prioritario que ten este documento
de consensuar e asentar as bases para conso-
lidar a Galicia como principal rexión láctea, con
carácter competitivo, perspectiva sustentable e
capacidade de resiliencia.
Os servizos de Asesoramento
de AGACA prestan apoio aos
gandeiros e gandeiras que
desexen implementar a
Conta, Láctea.
Nº 158 Maio 2022

