Page 20 - revista agaca 158_web
P. 20
20
caderno técnico
O cooperativismo na xestión de terras e
explotacións abandonadas
Higinio Mougán Bouzón, director-xerente de AGACA
Este documento enmárcase nas actividades e iniciativas do Foro pola Economía Social Galega
(ForoESGal) desenvolvidas en colaboración coa Rede Eusumo da Consellería de Promoción do
Emprego e Igualdade.
Realiza unha análise integral pola xestión das terras agrarias e a súa relación de pertinencia
cos diferentes factores que afectan de maneira directa e indirecta ao seu óptimo uso e explo-
tación orientados á xeración de oportunidades de negocio e a que estas poidan constituírse
como ferramenta fundamental da economía social no rural galego.
Identifica os principais factores que limitan o uso óptimo das terras abandonadas e trata de
destacar elementos panca na activación dos recursos abandonados, como a formación, iden-
tificación de fondos de axuda ou financiamento, acceso ao banco de terras, o arrendamento
de terras, así como estratexias de explotación comunitaria e no eido do cooperativismo agro-
alimentario e da economía social
A Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia subliña unha serie
de obxectivos e estratexias que coinciden cos obxectivos da economía social e cooperativas
agroalimentarias neste sentido, como é o aumento da base territorial das explotacións agro-
forestais.

