Page 16 - revista agaca 158_web
P. 16
16
tendencias
Estamos preparados para presentar as
contas dixitalmente?
Dende hai uns meses, as cooperativas, federacións de cooperativas e a confederación teñen a
obriga de depositar as súas contas anuais asinadas electronicamente no Rexistro de Coopera-
tivas. Este cambio, a pesar de resultar unha vantaxe, en ocasións está a xerar algún crebadeiro
de cabeza polas esixencias dixitais que require, xa que non todas as cooperativas están prepa-
radas a día de hoxe.
O 18 de decembro de 1998 apróbase a Lei Que supón este cambio para as
5/1998 de cooperativas de Galicia recoñecendo cooperativas?
o seu carácter empresarial e créase o Rexistro de
Cooperativas co fin de legalizar os libros sociais e Aínda que é un paso importante o dado pola
de recepcionar o depósito de contas anuais. Os Xunta, o certo é que chega con retraso con
libros debíanse presentar encadernados. respecto a outro tipo de empresas que xa o
facían no Rexistro Mercantil.
Dúas décadas máis tarde, o 31 de decembro
de 2021 o Diario Oficial de Galicia (DO) publica Que dificultades atopan as cooperativas?
unha modificación da anterior lei. Nesta nova Lei
18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e Os procedementos teñen unha complexidade
administrativas inclúense, entre outras novidades, engadida que é que todos os documentos teñen
unha nova redacción dos apartados 3 e 4 do que ir asinados dixitalmente, mentres que no
artigo 73, polo que presentar as contas anuais e Rexistro Mercantil non se esixe a sinatura dixital
o informe de xestión asinados electronicamente dos documentos e existe a figura do presentador
pasa a ser obrigatorio: que simplifica bastante os procedementos.
Apartado 3, do artigo 73: «O consello reitor presentará,
asinados electronicamente, para o seu depósito no rexistro
de cooperativas competente, dentro do prazo de dous
meses, contados desde a súa aprobación pola asemblea
xeral, as contas anuais e o informe de xestión, asinados por
quen exerza a presidencia e a secretaría, ou administrador
único, e, se procede, o informe do órgano de intervención
ou, se for o caso, o informe de auditoría externa, as certifica-
cións acreditativas do acordo de aprobación das contas
anuais e da distribución ou imputación dos resultados, así
como do número de cooperativistas».
Apartado 4, do artigo 73: «Con carácter complementario
ao depósito dos documentos indicados no número anterior,
poderá depositarse no rexistro de cooperativas a memoria
social, asinada electronicamente, consonte os modelos
aprobados polo Consello Galego de Cooperativas»