Page 11 - revista agaca 158_web
P. 11

11

                                                                                               tendencias

                             Retos «Mulleres de Cooperativas:

                  Procura de novas oportunidades no ámbito


                                        da Economía Social»



               Participaron na mesa redonda «A igualdade nas empresas da economía social: cooperativas agroalimentarias»: Juan Manuel Sánchez- Terán,
                   subdirector xeral da Economía Social e RSE, do Ministerio de Traballo e Economía Social; Covadonga Toca, secretaria xeral de Apoio ao
                           Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia;
                Mª Cruz Fernández, presidenta de Cooperativa Campoastur (Asturias) e vicepresidenta de Delagro, e Celso Gándara, presidente do Foro pola
                                               Economía Social Galega (ForoESGal). No centro, a presentadora do evento, Patricia Santana.


























               Cooperativas Agro-alimentarias de España, coa colaboración de AGACA, organizou o 21 de
               abril, a xornada «Mulleres de Cooperativas: Procura de novas oportunidades no ámbito da
               Economía Social», para poñer en valor e recoñecer o papel que cumpren as mulleres do sector
               cooperativo agroalimentario nas empresas da Economía Social, tendo en conta, ademais, que
               Santiago de Compostela foi nomeada Capital da Economía Social 2022.

               A pesar das dificultades para atopar un espazo físico que puidera acoller ás máis de 150
               persoas asistentes, por estar Compostela ateigada de actividades e congresos, a xornada
               resultou un éxito de participación e conseguimos reunir a socias de cooperativas, directivas,
               cargos institucionais, especialistas en materia de Igualdade e profesionais en xeral vinculadas
               co cooperativismo procedentes de Asturias, Cataluña, Aragón, Baleares, Andalucía, Estrema-
               dura, Castela-A Mancha, Castela e León, A Rioxa e Valencia, ademais de Galicia.

               O día anterior, parte das asistentes participou nun   Esta xornada enmárcase dentro do programa
               encontro previo entre as dúas asociacións de      de actuacións dirixidas a fomentar o emprende-
               mulleres, a de Cooperativas Agro-alimentarias de   mento e o liderado das mulleres nos órganos de
               España (AMCAE) e a de Galicia, Nós, as Mulleres   decisión das cooperativas agroalimentarias e o
               (NAM), aproveitando para visitar a cooperativa    intercambio de boas prácticas, subvencionado a
               Clun e a adega Pazo Baión, de Condes de           través do Instituto das Mulleres e contou, ademais,
               Albarei, encontro auspiciado pola Rede Eusumo     en Galicia, coa colaboración da cooperativa de
               impulsada pola Dirección Xeral de Emprego,        segundo grao Delagro e a corretoría de seguros
               Traballo Autónomo e Economía Social da Conse-     UCOGA.
               llería  Promoción  do  Emprego  e  Igualdade  para
               ou  fomento  do  cooperativismo  e a  economía
               social que conta co financiamento do Ministerio
               de Traballo e Economía Social.



                                                                                                        Nº 158 Maio 2022
   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16