Page 10 - revista agaca 158_web
P. 10
10
a fondo
Intervencións do presidente de
ForoEsGal e da conselleira de
Emprego e Igualdade
Na clausura da presentación, o presidente do Foro
pola Economía Social Galega, Celso Gándara,
avanzou a continuidade do estudo e insistiu nos
valores diferenciais do modelo económico que
representan desde o Foro. Gándara deu paso á
conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús
Lorenzana, que pechou o acto cunha interven-
ción na que anunciou que a Xunta implantará
este ano novos programas cos que definirá un
selo para a economía social, apoiará a conso-
lidación destas empresas e garantirá a substitu-
ción xeracional de negocios en crises a través do
cooperativismo.
Lorenzana tamén destacou o importante labor
realizado polo Foro dende a súa creación e puxo
en valor a alianza que mantén coa Xunta de Carmen Rodríguez, presidenta de AGACA con Celso Gándara,
Galicia. presidente do ForoESGal na asemblea de 2021.
Que pasaría se empresas de economía social perdesen os
seus principios?
No momento de presentar o Informe, as súas autoras sorprenderon cun pouco usual exercicio
ao presentar un escenario hipotético no que as empresas de economía social "perdesen os
seus principios" e pasasen a comportarse como mercantís en aspectos como contratación,
especialización ou localización.
Segundo esta hipótese, máis de 6.000 persoas traballadoras pertencentes a algún colectivo
con dificultades de acceso á ocupación perderían o seu emprego. Deles, 4.578 serían traba-
lladores con discapacidade, case 350 traballadores en risco de exclusión social e 796 maiores
de 55 anos, 328 mulleres maiores de 45 anos e 631 traballadores de baixa cualificación.
Por outra banda, preto de 5.000 profesionais que gozaron de períodos continuos de emprego
na economía social pasarían a ter unha ou máis experiencias de desemprego; case 40.000
verían reducidos os seus ingresos salariais; máis de 20.000 verían incrementarse a súa brecha
salarial; máis de 100 non se acollerían a excedencias para o coidado de ascendentes ou
descendentes e perderíanse máis de 2.700 empregos nas zonas rurais.
Contamos con
certificación PEFC y FSC ®
TM
Pregunte por nuestros
productos certificados FSC ®
Productos reciclables
y biodegradables
Tu papel, para asegurar
el futuro de los bosques

