Page 14 - revista agaca 157_web
P. 14
14
tendencias
tacións gandeiras. Tampouco se usarán co
fin de fomentar o crecemento nin o maior
rendemento dos animais.
As fábricas que, ao longo de 2022,
non poidan garantir o cumprimento
dos parámetros de seguridade e
contaminación cruzada previstos no
Regulamento (UE) 2019/4 e no Real
Decreto 370/2021, de 25 de maio, sobre
a fabricación, a comercialización e
o uso de pensos medicamentosos,
perderán a súa autorización.
• Non se utilizarán con fins profilácticos salvo
en casos excepcionais, para seren admi-
nistrados a un animal determinado ou a un
número limitado de animais cando o risco de
infección ou de enfermidade infecciosa sexa
moi elevado e as consecuencias poidan ser
graves. En tales casos, o uso de medicamentos
antibióticos con fins profilácticos limitarase á
súa administración a un animal determinado.