Page 47 - revista agaca 152_web
P. 47

47

                                                                                                    novas
                            Mulleres de Seu únese ao proxecto

                             Ganadería en Femenino, de Zoetis


               A  Asociación para o apoderamento da muller na área
               cooperativa de Cooperativas Lácteas Unidas -CLUN, Mulleres
               de Seu, súmase ao proxecto Ganadería en Femenino lide-
               rado pola empresa de saúde animal Zoetis, no que xa parti-
               cipaban Ganaderas Asturianas e a Asociación de Mujeres
               de Cooperativas  Agroalimentarias de España -AMCAE.
               Trátase  dun  proxecto  inclusivo que  ten  como  obxectivos
               fundamentais: contribuír a unha maior visibilidade da muller
               no ámbito da gandería, mellorar as súas competencias a
               través dunha formación adaptada e recoñecer o seu papel
               no desenvolvemento económico e social do contorno rural,
               a través do Premio Zoetis outorgado anualmente ás mulleres
               que destaquen polo seu labor e contribucións.
               Mulleres de Seu nace en 2013 co fin de fomentar o apoderamento das mulleres e contribuír ao seu desenvol-
               vemento profesional e liderado, dignificando o papel da muller nas zonas rurais.




                            UCOGA abre nova oficina en Santiago



               Dende o 18 de xaneiro, UCOGA conta cunha nova oficina en
               Santiago, situada na Rúa San Lázaro. Súmase así ás  existentes
               no compostelán Polígono do Tambre, á situada no concello de
               Santa Comba e ás de Sarria e Chantada, en Lugo.
               Coa  inauguración  desta  oficina,  ábrese  un  novo  ciclo  para
               esta corretoría que nacía en 2013 co fin de achegar solucións
               aseguradoras na área agrogandeira e de transportes e que,
               agora busca ampliar mercado entre un público xeral, máis
               urbano, alén de continuar traballando co sector rural, principal
               público obxectivo.





                 Os seguros agrarios incrementáronse un 5% en 2020



                                               A Entidade Estatal de Seguros, Enesa, evidencia que a contratación de
                                               seguros agrarios experimentou unha evolución moi positiva ao longo
                                               do ano 2020, tanto dende o punto de vista das pólizas contratadas,
                                               como da superficie, produción e capital asegurados. As pólizas ascen-
                                               deron a 416.000, un 5% máis que o exercicio anterior, mentres que a
                                               superficie asegurada alcanzou os 7,8 millóns de hectáreas, un 23%
                                               máis.

                                               En canto ao capital asegurado, obtívose un novo récord, superando os
                                               15.200 millóns de euros.

                                               ENESA, organismo dependente do Ministerio de Agricultura, Pesca y
                                               Alimentación (MAPA), considera que estes datos son indicativos “da
                                               implantación, cada vez máis arraigada, da cultura do seguro agrario”.

                                                                                                        Nº 152 Marzo 2021
   42   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52