Page 42 - revista agaca 152_web
P. 42

42

               tendencias

                       Rompedoras iniciativas na II Edición da


                                         aceleradora BFFood



               Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario
               de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada pola agrupación
               industrial alimentaria de Galicia e empresas de referencia na industria,
               concibida para achegar solucións aos retos que presentan as entidades
               agroalimentarias, desenvolveu o 29 de xaneiro, o demo day da segunda
               edición do seu programa de aceleración e consolidación. Francisco Conde, vicepresidente segundo e
               conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, deu a benvida a todos os partici-
               pantes a esta sesión en liña, xunto a Juanjo Da Porca, presidente de Clusaga. Posteriormente, as 14 startups
               que formaron parte desta 2ªedición presentaron os seus proxectos e o progreso logrado tras pasar por
               BFFood. Iinterviron, tamén, Javier A. Osuna, responsable de BFFood, e Roberto Alonso, xerente de Clusaga
               e participaron investidores e actores do sector tecnolóxico, alimentario e do emprendemento interesados
               en coñecer as novidades acadadas.

               A fórmula é sinxela: BFFood lanza unha convoca-
               toria pública co fin de buscar, identificar e selec-
               cionar proxectos que encaixen na resolución dos
               retos expostos e dá o seu apoio para chegar ao    Mentorizada por Quescrem, Congalsa e CLUN,  é
               mercado, tras ser titorados polas empresas inte-  unha plataforma especializada na exportación
               grantes, con óptimos resultados.                  agroalimentaria que facilita ás pemes exportar
                                                                 aos mercados asiáticos. Esta innovadora solución
                                                                 nos procesos de comercialización responde
                                                                 ao reto de comercialización e interacción
               Mentorizado por CAPSA FOOD (Larsa), dedícase      con clientes e consumidores. Monkey Markets
               ao desenvolvemento de novos produtos alimen-      recompila, trata e transforma múltiples fontes
               tarios de alto valor engadido, altamente perso-   de  información  e  as  integra  nun  sistema  propio
               nalizables e listos para o consumo, a partir dos   xerando  market inteligence e  business analytics
               excedentes e descartes producidos ao longo da     para facilitar a internacionalización en Asia das
               cadea de valor do sector alimentario.             empresas alimentarias.






               Mentorizado por Nova Pescanova, é un software     Mentorizado por Gadis, REFIX innova no ámbito
               deseñado para realizar análises sensoriais predi-  das bebidas de recuperación. Faise con auga de
               tivos e analizar os insights sensoriais e gustos dos   mar procedente do Océano Atlántico, na Costa
               consumidores. A través desta solución profesional   da Morte. A auga extráese nunha zona protexida
               as empresas alimentarias poden facer unha         pola rede Natura 2000, onde a calidade da auga
               análise organoléptica fiable ao  ter en conta  á   é  maior  que  en  calquera outro  punto  da  costa
               persoa consumidora. Conecta e aliña as necesi-    europea, segundo o certificado polas análises
               dades da industria cos gustos do consumidor.      semanais de  INTECMAR (Instituto  Tecnolóxico
                                                                 Galego para o Medio Mariño). Este produto tense
                                                                 convertido nunha das bebidas máis vendidas en
                                                                 Amazon España.

               Mentorizada por Kiwi Atlántico, é unha plataforma
               de  monitoraxe  que  permite  recoller  datos de
               calquera fonte, agregalos e analizalos en tempo
               real. Establece alertas baseadas no histórico e   Mentorizado por Congalsa, SITRAV ATS é o acró-
               accións automatizadas que facilitan ás empresas   nimo de Sistema de  Trazabilidade  Avanzado.
               a  optimización  dos  seus  procesos  e  dos  custos,   Trátase dunha solución integral especialmente
               tomando de forma áxil decisións informadas.       orientada ás empresas de procesado alimentario
   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46   47