Page 46 - revista agaca 152_web
P. 46
46
cooperatic
Como recuperar documentos perdidos do
ordenador
Con frecuencia eliminamos, sen querer, documentos do ordenador. Non está todo perdido!
Existen xeitos de recuperalos (aínda que non son infalibles). Velaquí algúns deles!
RECUVA
É un dos programas gratuítos máis recoñecidos. Mediante
preguntas, vainos guiando paso a paso (que formato ten
o arquivo perdido? En que carpeta estaba gardado?) ata
ofrecer un listado de posibles arquivos entre os que, se a
busca tivo éxito, estará o que necesitamos.
Desvantaxes? Está en inglés.
Descárgase de www.ccleaner.com/recuva
DISK DIGGER
Semellante a Recuva, ten a enorme vantaxe de estar en
español. Tamén nos vai guiando paso a paso
(posible localización do arquivo, tipo de arquivo)
e é efectivo en tarxetas de memoria (como a que
podemos ter nunha cámara de fotos ou un telé-
fono móbil) e pen drives.
Desvantaxes? A versión gratuíta é máis limitada
que a de Recuva. Se usamos a App para buscar
fotos, debemos ter en conta que vai mostrar todas
as miniaturas (thumbnails) de fotos que hai no
teléfono, así que pode resultar confuso determinar,
entre todas as opcións, cal é unha foto (calidade
alta) e cal unha miniatura (calidade baixa).
Descárgase en www.diskdigger.com e, ademais,
dispón de App para Android en Google Play.
Atención!
Estas ferramentas requiren descarga e instalación no ordenador ou dispositivo onde queiramos recuperar
un arquivo e, aínda que son doadas de usar, poden requirir coñecementos mínimos de informática para
que a busca sexa efectiva.
É importante saber que non todos os arquivos que borremos se poderán rescatar. Estas son algunhas das
causas que poderían facer un arquivo irrecuperable:
• Se foron eliminados por un virus
• Se se borraron hai moito tempo
• Se o disco duro no que estaban gardados sofre algún dano
• Se se eliminaron mediante técnicas de borrado seguro

