Page 48 - revista agaca 152_web
P. 48

48

               novas


                        As cooperativas Carqueixa e Verín Biocoop,
                                 candidatas ao premio XXI Aresa



               As cooperativa A Carqueixa, centrada na produción de carne
               na zona de Cervantes (Lugo), e a ourensá Verín Biocoop, espe-
               cializada na comercialización de carne de vacún de produción
               ecolóxica, optan, entre outras 14 candidatas, aos XXI Premios
               Aresa de Desenvolvemento Rural 2020, convocados pola Univer-
               sidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa e previstos
               para o 22 de marzo.
               Comparten candidatura coa Cátedra Da Cunha do pan e
               do cereal (Campus Terra da USC); co Centro de Promoción
               Rural-EFA Fonteboa; con Aireoá,  granxa dedicada  á  produción con Galiña  de Mos; co Mundo  do Souto,
               proxecto para a recuperación dos soutos tradicionais e o impulso de novas plantacións de castiñeiro de froito;
               con H2GZ Terrazas Agrícolas Robotizadas en Mondoñedo, proxecto para a produción agrícola en montañas;
               con Muuhlloa, cosmética 100 % galega realizada con produtos ecolóxicos procedente da sinerxía de Granxa
               Maruxa e Milhulloa; con Arnigal Cultivos, proxecto sobre o aproveitamento económico racional da Arnica
               montana en Galicia a partir  do seu cultivo e transformación; coa cooperativa  de gandería  ecolóxica As
               vacas da Ulloa; Trigo y Limpio, produtora de fariña de trigo autóctono, moída á  pedra e envasada de forma
               artesanal; Gandería Quintián, gandería familiar de produción de leite con elaboración e comercialización de
               leite fresco e pasteurizado; co Sistema comunal de xestión da Comunidade Montes Veciñais en Man Común
               de Couso (Pontevedra); Corazón de Carballo, centro de ocio, tempo de lecer e servizos; con Conservas do
               Támega, dedicada á elaboración de conservas vexetais, e con Estratexia de loita ecolóxica fronte á praga da
               rata toupa, de Pablo Sánchez Quinteiro.
               O galardón premia iniciativas e proxectos presentados por entidades, empresas, grupos de investigación,
               asociacións ou persoas individuais, que contribúan de forma decisiva a crear emprego e riqueza nos ámbitos
               agrícola e/ou gandeiro. Nesta ocasión, valorará especialmente aquelas iniciativas que redefiniran o seu
               modelo de negocio durante a pandemia, creasen un novo proxecto ou axudasen a outros nesta nova reali-
               dade.



                     Delagro cambia as súas carretillas térmicas por
                                           elevadoras eléctricas


               En liña coas directrices de responsabilidade social de Delagro, a cooperativa apostou por investir en carretillas
               eléctricas con batería de chumbo acedo, que causan un 42% menos de CO2 que as de combustión diésel.
               Este cambio vén da man de Jungheirich, provedor de solucións de intraloxística da cooperativa dende hai
               máis dunha década. Entre os beneficios sinalados grazas ao cambio figuran: a redución dos custos enerxé-
               ticos, xa que a eficiencia enerxética do motor das carretillas eléctricas é de máis do dobre que a das carre-
               tillas diésel e de gas, menor contaminación en pegada
               de carbono, cero restricións para uso subterráneo ou en
               interiores, menos contaminación acústica, a mercadoría
               transportada elude  o risco  de contaminarse ao  non
               emitirse  gases  contaminantes  á  atmosfera,  polas  súas
               características físicas teñen mellor maniobrabilidade e
               alcanzan unha mellor aceleración e menor velocidade de
               elevación con carga.
               Segundo a marca, a seguridade e ergonomía destas
               carretillas minimizan os custos persoais operativos s e a
               súa alta eficiencia enerxética permite reducir o consumo
               enerxético e obter un rendemento máximo.
   43   44   45   46   47   48   49   50   51   52