Page 49 - revista agaca 152_web
P. 49

49

                                                                                                    novas
                                Agripooler galegos desenvolveron

                                     nove misións online en 2020


               Os Agripooler son os membros, directivos e empregados
               de cooperativas e organizacións de produtores espa-
               ñolas e doutros países dispostos a compartir a súa expe-
               riencia e coñecementos cos seus colegas de países en
               desenvolvemento.

               En misións de curta duración, os Agripoolers asesoran aos seus homó-
               logos en temas que van dende o desenvolvemento de negocio ata a
               xestión financeira,  pasando  pola planificación estratéxica,  produción  e
               procesamento, gobernanza, comercialización colectiva, xestión finan-
               ceira, prestación de servizos a socios ou acceso ao crédito.
               Dende marzo e ata novembro de 2020, representantes das cooperativas
               Clun e Delagro participaron en nove misións para Acodea, agriaxencia
               de cooperación internacional para o desenvolvemento de fala hispana
               e tamén para Agriterra, especialista internacional en desenvolvemento
               cooperativo.

               As temáticas abordadas polas persoas expertas das cooperativas
               versaron sobre series de Webinars para a Xestión do Coronavirus en Organizacións de Produtores, medidas
               actuais e perspectivas do comercio mundial da industria láctea, asesoría en RRHH, abastecemento de forraxe
               de calidade, asesoría en temas de gobernanza, os modelos cooperativos e a xestión da produtividade e da
               calidade en plantas de transformación de lácteos.
               Os países receptores foron Colombia, Nicaragua, Chile, Bolivia e Perú.



                          ABANCA organizou unha xornada sobre a

                                               Reforma da PAC



               Titulada "Próxima reforma da PAC. Principais novidades", o 10 de marzo, a entidade bancaria tivo como
               convidados ao subdirector xeral de Planificación de Políticas Agrarias do Ministerio de Agricultura, Pesca e
               Alimentación, Ignacio Atance, para abordar os  "Aspectos máis relevantes da próxima reforma da PAC"; a
               Jorge Piñeiro, subdirector xeral de Xestión da PAC, da consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, quen
               puxo en contexto os "Cambios máis relevantes dende a perspectiva dos beneficiarios de axudas PAC en
               Galicia” e a Higinio Mougán, o director-xerente de AGACA, que explicou as implicacións da reforma da PAC
               nos sectores de vacún de leite e carne.

               A xornada foi introducida por Francisco Botas,
               CEO  en ABANCA,  e Jesús  Combarro,  director
               de ABANCA Agro. Pechou a xornada, o conse-
               lleiro do Medio Rural, José González.
               Así, de forma telemática, e aberta a preguntas,
               ABANCA afrontou unha temática de grande
               interese para os profesionais da agrogandería
               galega resolvendo as principais incertezas
               que sempre xeran as reformas da PAC (Política
               Agraria Común) e informando da apertura da
               tramitación das axudas na propia entidade
               bancaria.



                                                                                                        Nº 152 Marzo 2021
   44   45   46   47   48   49   50   51   52