Page 29 - revista agaca 153_web
P. 29

29

                                                                                         caderno técnico







                     POSTA EN VALOR DA FABA DE LOURENZÁ: SANIDADE DA

                               SEMENTE, CULTIVO E COMERCIALIZACIÓN
                                              (FEADER 2021/0660A)


                 DESENVOLVEN O PROXECTO:
                 Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA (coordinadora do proxecto).
                 Terras da Mariña S. Coop. Galega
                 Centro Tecnolóxico da Carne
                 Universidade de Santiago de Compostela

                 DURACIÓN DO PROXECTO:
                 3 anos
                 CUSTO TOTAL:
                 136.834,00€. Conta con financiamento, nun 80%, do Fondo Europeo Agrícola de
                 Desenvolvemento Rural FEADER, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Pesca e
                 Alimentación.



                DIAGNOSE DA SITUACIÓN E
                NECESIDADE DETECTADA

               A faba de Lourenzá é unha variedade local que
               se cultiva no norte de Lugo, onde as condicións
               edafolóxicas son especialmente favorables a este
               cultivo, obténdose un legume de calidade, de cor
               branca uniforme, sen debuxos, de tamaño moi
               grande e forma de ril, pel fina sen diferenciación
               coa polpa, textura manteigosa e un característico
               sabor. O seu xermoplasma adaptouse a novos
               ambientes, en canto a temperaturas e sistemas
               de cultivo, especialmente no norte e noroeste da
               Península Ibérica onde se atopou maior variabi-
               lidade xenética (Santalla et al., 2002) e onde se
               manteñen sistemas de cultivo tradicionais coma
               o minifundio e a agricultura de autoconsumo.

               A calidade do produto é recoñecida dende 2008
               pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba
               de Lourenzá, que fai referencia a fabas secas
               separadas das vaíñas procedentes da especie
               Phaseolus vulgaris, L., da variedade local coñe-
               cida como Faba Galaica. Esta presenta unhas
               características cualitativas que a diferencian
               doutras fabas e que a fan moi demandada polos
               consumidores, como é a súa excepcional cali-
               dade culinaria que se debe á súa escasa propor-
               ción de pel (8-10 %), á súa elevada capacidade
               de absorción de auga e ao seu comportamento
               en cocción, proporcionando grans enteiros e

                                                                                                        Nº 155 Outubro 2021
   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34