Page 16 - revista agaca 153_web
P. 16

16

               tendencias

                        O Foro pola Economía Social Galega


                      cumpre tres anos en pleno auxe do seu

                                         modelo empresarial



                 Celso Gándara, presidente
                 do Foro pola Economía
                 Social Galega, coa
                 conselleira de de
                 Emprego e Igualdade,
                 María Jesús Lorenzana























               Que a eficiencia empresarial e a responsabilidade social poden convivir de forma natural é
               algo que demostran en Galicia máis de 4.700 empresas, entre cooperativas, centros especiais
               de emprego, sociedades laborais e centros de inserción. Da súa capacidade de resistencia di
               moito o feito de que en 2020, a pesar da crise provocada pola pandemia, creáronse 126 novas
               firmas de economía social. É  por este éxito logrado que o Foro pola Economía Social Galega
               segue traballando con máis ímpeto que nunca tres anos despois da súa constitución.

               O 30 de abril, o presidente do Foro pola Economía   de interese xeral e colectivo» que, ao seu criterio,
               Social Galega, Celso Gándara, reuníuse coa        «permiten xerar máis emprego e de máis calidade,
               conselleira de  Emprego e Igualdade, María Jesús   garantir unha mellor redistribución dos recursos e
               Lorenzana, para asinar un novo convenio de cola-  favorecer a cohesión territorial e social».
               boración. No encontro abordouse a presenza da
               economía  social nos fondos Next Generation             Gándara propúxolle á conselleira a
               e informouse á responsable de Emprego das
               xestións realizadas  para  a obtención  dun  PERTE    creación dun programa específico de
               (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e     transformación de empresas en situación
               Transformación Económica) de Economía Social            de crise en entidades de economía
               a nivel estatal.  Así mesmo, Gándara solicitou unha
               reformulación da Rede Eusumo «para actualizar                                        social
               as novas necesidades de desenvolvemento» e
               apostou por  un programa  específico  de  trans-  Coa firma do convenio, Lorenzana destacou
               formación de  empresas en situacións  de  crise   que  a   Xunta  referenda  o  seu  compromiso  coa
               en entidades de economía social, «dada a súa      Economía Social por dúas razóns esgrimidas pola
               contrastada capacidade de resistencia».           conselleira:  por  ser «un  modelo de  crecemento
                                                                 máis sostible, máis inclusivo e máis igualitario» e,
               A conselleira, pola súa banda, coincidiu no       por outra banda, por se converter nunha «fonte
               papel relevante da economía social para a         de  oportunidades  laborais  que  requiren  dunha
               recuperación tras a pandemia por defender «fins   actuación conxunta e solidaria».
   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21