Page 13 - revista agaca 153_web
P. 13
13
tendencias
AGACA e CEPES promoven o emprego,
a profesionalización da xerencia e
a mellora medioambiental
AGACA e CEPES (Confederación Empresarial Española de la Economía Social) poñen en
marcha tres novos proxectos entre 2021 e 2023: o proxecto Formación para a consolidación
das cooperativas agroalimentarias de Galicia, orientado á mellorar a competitividade das
empresas e entidades da economía social e que incorpora tres programas relativos aos
ámbitos da xestión das cooperativas, da horticultura e da gandería; o proxecto Incorporación
da xuventude emprendedora á economía social e consolidación das cooperativas agroali-
mentarias de Galicia, ou Itinerario do Emprendedor, e o proxecto Mellora da competitividade
das explotacións de gando vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada
de carbono e a pegada hídrica.
Formación para consolidación das Incorporación á horta e leite
cooperativas
Son fundamentais para o futuro do agro a
Función xerencial substitución xeracional e a continuidade das
cooperativas. Co obxectivo de aumentar o
O programa formativo de Apoio á función xeren- número e persoas neste eido e fomentar a súa
cial en cooperativas agroalimentarias diríxese, incorporación á masa social das cooperativas,
por unha banda, a persoas con titulacións de axudándoas á vez a comercializar os seus
grao medio ou superior que se atopen en situa-
ción de desemprego e busquen mellorar a súa
capacitación para ocupar postos de xerencia
empresarial e, por outra, a cooperativas que, ou
ben non contan coa figura de xerente, ou ben
buscan apoio á súa función xerencial.
A formación para o alumnado comeza cun curso
teórico e continúa con prácticas nunha coope-
rativa agroalimentaria durante 6 meses (a razón
de 25 horas semanais), onde experimentar in
situ o labor xerencial dunha cooperativa no seu
conxunto.
Apoio á función xerencial en
cooperativas agroalimentarias busca
mellorar a empregabilidade de persoas
con formación académica en situación
de desemprego e profesionalizar a
xerencia das cooperativas.
Para fortalecer a creación de equipos de traballo
nas entidades e conseguir maior eficiencia nas
prácticas inclúe un programa de coaching para
as cooperativas e para o alumnado. O obxectivo
final é aumentar a empregabilidade das persoas
participantes.
Nº 153 Maio 2021