Page 15 - revista agaca 153_web
P. 15

15

                                                                                               tendencias


               consultas e presentación de proxectos de
               emprendemento. Nesta etapa é cando se
               procederá a realizar tanto análise DAFO
               (debilidades, ameazas, fortalezas e opor-
               tunidades) como deseño e validación de
               modelo de negocio.


               O Itinerario do emprendedor apoia
                  novos proxectos e empresas que
                         salten á economía social


               Una vez existe un modelo viable, o aseso-
               ramento continúa cara á consolidación
               do negocio, mediante o apoio á xestión
               de proxectos e as planificacións estra-
               téxica e operativa (referida a plans de soporte ou
               a un salto de escala).

               Nesta edición, como novidade, estréase un
               programa de  mentoring para entidades e
               persoas participantes. Como mentores e
               mentoras actuarán persoas que ocupan postos
               na dirección ou consello reitor de cooperativas
               agroalimentarias galegas, que ofrecerán a súa
               experiencia e aconsellamento, conducindo a
               evolución dos proxectos de emprendemento.

                Pegada de carbono e hídrica

               O proxecto Mellora da competitividade das
               explotacións de gando vacún leiteiro mediante
               asesoramento  para  a  redución  da  pegada  de
               carbono e a pegada hídrica, que deu comezo
               2018, continúa en 2021 a través da formación.

               Os días 28 e 30 de abril e 4, 6 e 7 de maio desen-
               volveuse un curso sobre pegada de carbono e
               pegada hídrica na produción de leite, dirixido
               ao persoal técnico do sector con interese en
               afondar neste tema. O obxectivo era prepara a
               esas persoas, cara ao asesoramento das granxas
               leiteiras en boas prácticas sobre alternativas de
               mellora  específica  para  un  uso  eficiente  dos
               recursos e a diminución do consumo de auga
               e enerxía.

                CEPES

               Estas  iniciativas  desempéñanse  no  marco       a entidades e empresas da economía social para
               do Programa Operativo de Inclusión Social e       o desenvolvemento de proxectos destinados á
               Economía Social, xestionado por  CEPES. Conta     creación de empresas e entidades da economía
               con cofinanciamento do Fondo Social Europeo,      social ou á mellora da competitividade e o apoio
               mediante a convocatoria de subvencións dirixidas   á consolidación empresarial das mesmas.



                                                                                                        Nº 153 Maio 2021
   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20