Page 7 - revista agaca 152_web
P. 7
7
a fondo
Primeiro piar
Un aspecto clave do Primeiro Piar é que a nova
PAC permite destinar parte do orzamento á posta
en marcha de intervencións sectoriais a través de
programas operativos desenvolvidos por Organi-
zacións de Produtores (OP) e cooperativas. Esta
nova liña debe dotarse co máximo de orzamento
permitido no acordo comunitario habilitándose a
todos os sectores de vacún (leite e carne), inde-
pendentemente doutras axudas.
Debería destinarse, polo menos, a
metade do orzamento ao sector
agrogandeiro durante o primeiro
intervencións deberían ser levadas a cabo por OP
cuadrienio da nova PAC.
ou Cooperativas.
Dado que o sector gandeiro será un dos que 1. Gandería en Galicia
teña que facer maior esforzo para implementar os
cambios estruturais no cumprimento por parte do A gandería en Galicia supón máis do 60% da
noso Estado dos compromisos ambientais inter- Produción Final Agraria (PFA), mentres que en
nacionais e da estratexia de «enverdecemento» España está no contorno do 30%. Ademais de
da PAC e que parte dunha situación estrutural empregos directos, promove moitos empregos
económica moi complexa, debería destinarse, indirectos (recollida de leite, recollida de animais,
polo menos, a metade do orzamento a este veterinaria, alimentación animal, podoloxía,
sector durante o primeiro cuadrienio da nova servizos de maquinaria, servizos de substitución
PAC. Tal e como propoñen dende Europa, estas etc.).
4 POSIBLES OBXECTIVOS MEDIOAMBIENTAIS PARA OP E COOPERATIVAS:
Redución emisións no almacenamento
Financiaríanse os investimentos en equipamentos máis eficientes enerxeticamente, renovación do
parque móbil para recollida de produtos agrarios e/ou gandeiros etc.
Xestión dos xurros e estercos
Entraría aquí o asesoramento técnico, o desenvolvemento de sistemas dixitais, investimentos nas
granxas para mellorar o almacenamento, investimentos nas instalacións comúns de xestión de estercos
ou xurros ou en plantas colectivas de xestión e transformación, mantemento das mesmas, en definitiva:
investimentos en sistemas de aplicación de estercos e xurros máis sostibles.
Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD)
Serían financiables os investimentos que deban realizarse nas granxas para a implementación de MTD
recoñecidas dentro dun plan de redución de emisións da OP ou cooperativa.
Axustes ambientais
Poderían financiarse a implantación e o seguimento de plans colectivos coordinados pola Axencia
do Medicamento destinados á redución de antibióticos, de certificacións en Benestar Animal, Pegada
Hídrica e/ou Pegada de Carbono ou de Calidade Diferenciada recoñecida.
Nº 152 Marzo 2021

