Page 6 - revista agaca 152_web
P. 6

6

               a fondo
                     A Nova Política Agraria Común a Debate





               En pleno debate sobre a Reforma da PAC 2023/2027, consideramos imprescindible destacar
               certas reivindicacións claras e directas dende unha visión cooperativista galega.  Ante o
               reto de concretar a Reforma, necesitamos primeiro dispoñer dun bo acordo a nivel da Unión
               Europea para trasladar a España e Galicia, cun orzamento axeitado, equitativo e xusto para
               os profesionais da agrogandería que se dedican á actividade produtiva. Queremos que a PAC
               axude a dispoñer dun agro vivo e activo.

               Facendo un repaso rápido sobre as alternativas e propostas, comentamos as claves.






























                  Agricultor xenuíno

                  Consideramos que a porcentaxe mínima de ingresos agrarios sobre os totais debe estar por riba do
                  40%, ademais de todas as persoas afiliadas á Seguridade Social como traballadoras por conta propia
                  no sector agrario.

                  Capping  e degresividade das axudas
                          1
                  É oportuno establecer un capping por riba de 60.000€, excepto explotacións asociativas e custos labo-
                  rais, dedicando os fondos derivados á axuda redistributiva.

                  Pago redistributivo

                  Debe ser obrigatorio, dedicando un mínimo do 20% dos fondos das axudas do primeiro piar da PAC,
                  dedicado ás explotacións coa SAU inferior á media de España.

                  Superficies con dereito de axudas

                  Débense corrixir as diverxencias que poidan existir na porcentaxe da superficie con dereito de axuda,
                  incorporando  a entrada de  superficies (que non fosen declaradas) nas rexións  que  contan  cunha
                  porcentaxe da superficie con dereitos moi inferior á media española, posibilitando que todas as super-
                  ficies elixibles conten con dereitos e incrementando a superficie elixible.

                  1   O capping é a obriga de reducir (degresividade) os pagos directos dos beneficiarios que cobran máis de 60.000 €, limitándose a
                     axuda a percibir en 100.000 euros de axuda directa total.
   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11