Page 13 - revista agaca 152_web
P. 13
13
tendencias
A cooperación e a integración das cooperativas Políticas colaterais. Pacto Verde da UE
serán chaves para xerar eficiencias e que os
agricultores poidan cumprir cos obxectivos e En relación coas Estratexias Da Granxa á Mesa
obrigacións ambientais contraídas. Por outra e Sobre Biodiversidade para 2030 que están no
banda, o sistema non só debe primar a creación corazón do Pacto Verde da UE, preocúpanos
de novos servizos de asesoramento, senón tamén enormemente que no marco das mesmas se
incentivar a mellora dos xa existentes. Ademais, continúen eliminando medios e materias funda-
en seguros agrarios debe manterse a compatibili- mentais para a loita contra pragas e enfermidades
dade dos sistemas nacionais de seguros agrarios animais sen contar con alternativas viables.
xa existentes.
10 principios das cooperativas para a sustentabilidade e o cambio
inclusivo de modelo produtivo
1. Compromiso do cooperativismo agroalimentario co desafío climático. As cooperativas están
comprometidas coa loita contra o cambio climático e o reto da biodiversidade. Somos cons-
cientes de que o sector produtor é parte da solución e non o problema.
2. Sen sustentabilidade económica non haberá sustentabilidade ambiental. As administracións
deben saber que soamente se poderán conseguir os obxectivos se se teñen en conta a sustenta-
bilidade económica do sector e a rendibilidade das explotacións.
3. O debate debe estar guiado pola evidencia científica. As decisións e medidas deben estar
baseadas na evidencia científica, en cálculos rigorosos, homoxéneos, cos seus respectivos estudos
de impacto sobre os sectores produtivos e follas de ruta realistas.
4. O sector necesitará investimento público e un prazo razoable para adaptarse. Un cambio no
modelo produtivo requirirá políticas públicas sólidas para investir no sector e un prazo razoable
para a súa adaptación.
5. A rendibilidade dos produtores na cadea debe mellorar. Os produtores deben participar do
valor xerado pola cadea, polo que é necesario deseñar medidas estruturantes que incentiven a
organización do sector produtor e da oferta no mercado.
6. As cooperativas agroalimentarias son instrumentos estratéxicos clave para o éxito. Son funda-
mentais para reequilibrar a cadea de valor, para que os produtores poidan participar en maior
medida do valor xerado por esta e aplicar o novo modelo eficiente.
7. O fomento dos enfoques cooperativos e colectivos para acelerar e asegurar o cambio. Serán
clave para a sustentabilidade económica das explotacións agrícolas e gandeiras á vez que se
mantén a competitividade, e o impacto verificable dos beneficios.
8. Igualdade de condicións para as importacións e reciprocidade nos acordos comerciais inter-
nacionais. As importacións á UE deberán cumprir co mesmo modelo produtivo en toda a cadea.
9. Informar e comunicar ao consumidor da UE. É necesario comunicar e informar ao consumidor
europeo dos esforzos que o sector produtor de alimentos e materias primas fixo e fai para ser
sostible medioambientalmente, e que sexan valorados na compra.
10. Unha dieta saudable é unha dieta equilibrada. Non existen nin os alimentos milagre nin os
alimentos prexudiciais per se, senón un consumo responsable e dietas equilibradas.
Nº 152 Marzo 2021

