Page 9 - Demo
P. 9
dos soutos. A aspiración, pois, é substituír os sistemas eléctricos actuais por paneis fotovoltaicos e optimi- zar o emprego da biomasa.O proxecto foi presentado en diferentes foros coma o“I Encontro Internacional da Fileira dos Frutos Secos” en Portugal, ou o “I Foro Labrego de Agroecoloxía do Sindicato Labrego Galego”, en Galicia. Recibe unha axuda de 80.606,06 euros do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e desenvólveno, ademais de AGACA, Amarelante S.Coop. Galega, IXP Castaña de Galicia, Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico da Carne.O Dourado Verde“O Dourado Verde” fraguouse durante unha charla da Rede Eusumo e AGACA sobre aproveitamento da riqueza dos montes. Un grupo de persoas mozas im- plicadas na xestión do Monte Veciñal “O Coto de San Cibrao” e Javier Cabrera, director xerente de Resega Montes, decatáronse de que aproveitar a resina non debería ser incompatible coa industria madeireira, atopando un método axeitado.A pioneira investigación propón —mediante a elec- troestimulación con cables e a aplicación de calor no tronco con mantas eléctricas—, facilitar a aper-9a fondotura das canles de resina da árbore. A trementina baixaría directamente a bolsas pechadas, a través de ori cios que non chegan á madeira (logrados cunha ferramenta especialmente deseñada para este proxecto). Así, cicatrizan mellor que os tradicio- nais e a árbore pode ser aproveitada por resineiros e por industria madeireira, pois o tronco non se debilita e serve para taboleiros.Un piñeiro pode ser resinado a partir de 30 cm de diámetro, durante uns 30 anos, e produce 3-3,5 kg por campaña en Galicia. O prezo da resina é de 0,9€/kg.Ademais, o CTC e a Universidade de Vigo investigan novos aproveitamentos para a resina (por exemplo como aromatizante) ademais das múltiples aplica- cións actuais (tinta, adhesivo etc.). Segundo Cabre- ra, a resina é cada vez máis demandada, mellor re- munerada e podería ser substituta do petróleo.Potencialmente, unha industria resineira potente po- dería xerar ata 10.000 empregos en Galicia, para labores asociados á explotación forestal (limpeza, tratamentos, resinación etc.) ademais de supor un aforro ás arcas públicas, pois un monte aproveitado estará limpo, vixiado e diminúe o risco de incendios, cos conseguintes bene cios medioambientais e económicos. A resinación é, ademais, compatible co uso do monte para pastoreo e recollida doutros pro- dutos coma o cogomelo.Caracois“Adhelix: cultivo intensivo de caracol de xardín” con- ta xa coas mesas electri cadas para a extracción de baba de caracol. Os obxectivos do proxecto — lograr maior cantidade de baba con menor dano para o animal de modo que este non morra e poida ser máis produtivo no tempo e mellor aproveitado na industria alimentaria—, están a poñerse a proba para medir os resultados e comparalos co método tradicional.Os caracois están a mostrar reaccións positivas ao proceso de extracción de baba.Reunión de traballo das entidades integrantes do proxecto AdhelixPiñeiro rodeado co sistema de cables de electroes- timulación e manta térmica para abrir as canles de resinaNo132 - Marzo 2017