Page 11 - Demo
P. 11

Xurros de porcino“Deseño de ferramentas para minimizar o impacto sobre o medio natural na aplicación de xurro de ex- plotacións de porcino” axudará a xestionar este sub- produto como fertilizante agrario, derivándoo cara a granxas de leite e, terras que precisen fertilizante, como poden ser plantíos de millo e praderías.Tamén facilitará atopar protocolos de correcta xestión de augas para reducir xurros e xeitos de almacenalos durante as épocas en que non é preciso.O modo de logralo será mediante unha pioneira fe- rramenta de xestión SIX (SIX refírese a un método de mellora de resultados mediante análise estatística de datos para eliminar defectos).O obxectivo é desenvolver a ferramenta de xestión SIX para xurros de explotacións de porcino, pois non hai en Galicia ningunha ferramenta que o permita e coordine os  uxos de información entre produtores, Administracións e poboación, en materia de xestión e aplicación deste produto.Non existen precedentes de ferramentas SIX de xestión de xurros de porcinoA ferramenta recollerá características das explota- cións de orixe e parcelas de destino do xurro, dos mananciais e augas subterráneas próximas, datos da meteoroloxía, dos solos e dos propios xurros.11a fondoA información permitirá ás granxas dosi car e aplicar como fertilizante o xurro máis acorde a cada terreo, clima e época, plani cando necesidades. A nivel administrativo, poderanse emitir informes de trazabi- lidade que garantan o cumprimento dos requisitos administrativos de aplicación de xurros e tamén se facilitará a monitorización da xestión de xurro por parte das Administracións (Augas de Galicia, Sani- dade, Medio Ambiente, Medio Rural, concellos etc.).Os porcinocultores saberían como almacenar e aplicar xurros de forma e ciente logo de analizar as condicións especí cas de cada situación. Iso redu- cirá riscos medioambientais (como contaminación de augas) e axudará á mellora da rendibilidade ao reducir custos de xestión de xurro (como poden ser transporte ata parcelas afastadas, pois axudaría a atopar as máis próximas onde se precise fertilizante).Durante estes meses, o equipo técnico desenvolveu reunións de traballo onde se determinaron as liñas de acción preliminares, como recabar, dende as cooperativas dos sectores implicados, os datos que serían precisos para as bases de datos da ferramen- ta SIX (produtores, super cies, terreos etc.)Forman parte do proxecto AGACA, Coporc S. Coop Galega, Asociación Mariñas-Betanzos, o INGACAL, o CIAM, o Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Abegon- do.Coporc participa no proxecto “Deseño de ferramentas para minimizar o impacto sobre o medio natural na aplicación de xurro de explotacións de porcino”No132 - Marzo 2017


































































































   9   10   11   12   13