Page 12 - Demo
P. 12

12tendenciasEuroDairy conecta ás granxas de vacún de leite de EuropaAGACA e o Instituto Vasco de Investigación e des- envolvemento agrario son os partners españois deste proxecto, que nace co  n de establecer liñas de comunicación e cooperación entre granxas eu- ropeas de gando bovino de leite no que participan 14 países europeos.O grupo, integrado por Reino Unido, Países Baixos, Suecia, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Ale- maña, Irlanda, Italia, Polonia, Portugal e Eslovenia, ademais de España, aglutina o 60% da produción europea de leite de vacún.Financiado polo programa Horizonte 2020 da UE, EuroDairy conta con fondos europeos para o labor de coordinación, e  nanciamento de FEADER para as actividades desenvolvidas en cada rexión. Re- matará a principios de 2019.Nun prazo aproximado de dous anos analizaranse 120 explotacións europeas para acadar un conxun- to de métodos estandarizados de traballo en catro áreas técnicas prioritarias: e ciencia de recursos, biodiversidade, coidado animal e indicadores de economía. Grupos operativos de cada país transmi- tirán e porán en marcha os métodos de innovación e boas prácticas identi cados.O grupo EuroDairy integra o 40% das explotacións lácteas, o 45% das vacas e o 60% da produción lác- tea europea.O grupo EuroDairy integra o 40% das explotacións lácteas, o 45% das vacas eo 60% da produción láctea europea.AGACA encárgase de coordinar o paquete de tra- ballo “Granxas piloto innovadoras”, integrado por dez explotacións destacadas: en produción ecolóxica, moi intensivas, semi intensivas, extensivas e pasto- reo; dúas de cada modelo produtivo, xa que un dospuntos fortes das granxas galegas é a súa aptitude en biodiversidade e xestión, como se evidenciou no acto de presentación desenvolvido o dous de febreiro nas instalacións do CIAM (Centro de Investi- gacións Agrarias de Mabegondo), situado na locali- dade coruñesa do mesmo nome.Áreas técnicasAs catro áreas técnicas prioritarias subdivídense en: coidado animal centrado en antibióticos, aloxamen- to e benestar; resiliencia socioeconómica, volatilida- de do mercado, calidade de vida dos gandeiros e novos modelos de negocio; biodiversidade, modos de combinar gandería rendible con protección medioambiental e e ciencia de recursos, enfocada a nitróxeno e fósforo, alimentación de precisión, e - ciencia enerxética e hídrica e pegada de carbono.Pegada de carbonoCésar Resch, investigador do INGACAL (Instituto Ga- lego da Calidade Alimentaria), explicou que Euro- Dairy aborda a pegada de carbono “sen romper a explotación en unidades. Todos os procesos se rela- cionan, polo que todos in úen na emisión de CO2 ou gases equivalentes”.España contribúe, con 400 millóns de toneladas, no 1% dos gases de efecto invernadoiro mundiais. O sector gandeiro, globalmente, emite o 15% dos gases de efecto invernadoiro (o lácteo: 2,5 kg CO2 por litro de leite producido e industrializado.)Un terzo da pegada de carbono en gandería provén da deforestación, outro da fermentación entérica e outro dos xurros. Segundo Resch, “en manexo de gandos e xurros podemos efectuar moitas melloras”.As explotacións capaces de emitir menos CO2 por litro de leite son máis e cientes en todos os aspectosCésar ReschPara reducir emisións, recomenda usar carros com- pactos, inhibidores de nitri cación e axustar as ra- cións ás necesidades das vacas (o balance de nu- trientes mide a e cacia da explotación, a redución de días en leite e da volatilización de amoníaco).


































































































   10   11   12   13   14