Page 13 - Demo
P. 13

ResilienciaRoberto Lorenzana, director do Ligal (Laboratorio In- terprofesional Galego de Análise do Leite), presentou as actividades de EuroDairy relacionadas coa eco- nomía das explotacións leiteiras. Remarcou que “a actual multiplicidade de investigacións con metodo- loxías non comparables evita aproveitar resultados”. EuroDairy permite a comparación para atopar os mellores procedementos que logren granxas resilien- tes e sostibles no tempo.Á diferenza doutras investigacións, Eurodairy permite comparar as metodoloxías para atopar os mellores procedementosRoberto LorenzanaA presentación estivo precedida dunha mesa redon- da onde expertos analizaron cuestións relevantes no ámbito leiteiro.LexislaciónFernando de Antonio, técnico de Gandería de Coo- perativas Agro-alimentarias de España, expuxo as propostas da entidade en relación coas normativas vixentes, entre elas: “Aumentar as funcións das Orga- nizacións de Produtores (OP) pois a de nición da Co- misión Europea coincide co que actualmente fan as cooperativas. Considerar que os compradores lác- teos negocien coas OP, non cos seus membros, para favorecer a negociación colectiva, que non funcio- na pois as negociacións materialízanse en contratos que non se  rman entre as OP e a industria.”13tendenciasAínda que en teoría se sabe o que a Industria paga aos produtores e a distribución á industria, hai un 20% de prezo do leite que ninguén coñeceFernando de AntonioEdelmiro López, profesor da Universidade de Santia- go, salientou tendencias contraditorias do mercado: “O maior volume de demanda é para marcas bran- cas e produtos de baixo prezo, o que parece ligarse á desigualdade social española onde se dilúe a cla- se media consumidora de produtos marquistas. Mul- tiplícanse certos nichos de mercados para produtos moi concretos coma ecolóxicos ou saudables”.AutonomíaPara mellorar a situación do sector, recomendou re- orientar cara a modelos autónomos, non dependen- tes de materias ou alimento externos para desligarse da volatilidade dos seus prezos: “Á vez, as granxas achéganse ás melloras ambientais que, a longo pra- zo, facilitarán o cobro de axudas dado o  ncapé da Comisión Europea neste aspecto”.Francisco Sineiro, profesor da Escola Politécnica Su- perior da USC sinalou que para lograr esa autono- mía: “Deberíanse aumentar terras dispoñibles, me- llorar forraxes —pois dous de cada tres silos teñen calidade de ciente—, e aprobar plans de mellora con criterios racionais, en función da capacidade  nanceira para afrontar débedas.”No132 - Marzo 2017


































































































   11   12   13   14   15