Page 14 - Demo
P. 14
14tendenciasentra na recta nalReunión de traballo en Perugia (Italia)O proxecto “Asociación Estratéxica para a Innova- ción na Formación de Formadores das cooperati- vas agroalimentarias europeas, TOOTCOOP+i” que se desenvolve entre socios de seis países, co nan- ciado polo Programa Erasmus+ da Unión Europea, avanza pouco a pouco cara á súa meta (rematará en agosto). Seis organizacións traballan para inno- var na formación dos equipos directivos das coo- perativas agroalimentarias europeas, enfocándose á formación de formadores e á actualización de contidos formativos.A nais de xaneiro, do 23 ao 27, desenvolvíase a pri- meira sesión de formación de formadores na locali- dade italiana de Perugia, na sedede ARIS Formazione e Ricerca, so-cio do proxecto. Participaron catro formadores de AGACA, entidade coordinadora do proxecto e tres formadores do resto de entidades socias: ICOS (Irlanda), CHANGE- MAKER (Suecia), LLKC (Letonia), SNRSS (Polonia) e ARIS. Durante estes cinco días, debatemos so- bre aspectos relacionados coa formación dos órganos directivos das cooperativas, intercambiamos experiencias na resolución de si- tuación concretas durante os pro- cesos formativos e sobre a innova-ción na posta en marcha das actividades.Aproveitando a presenza de todas as persoas que conforman o comité de coordinación do proxecto, o primeiro día revisamos o estado dos traballos que se están a realizar e as previsións para os próximos me- ses.Tamén tivemos oportunidade de asistir á reunión cos stakeholders italianos, aos que se lles presentou o proxecto.Rematamos a semana de formación cunha visita a unha explotación de produción ecolóxica, con va- rias actividades: porcino, viño e aceite.Do 6 ao 10 de marzo tivo lugar a segunda sesión da formación dos formadores en Göteborg (Suecia), onde se incidiu especialmente no uso das tecno- loxías nos procesos formativos e na plataforma de formación que desenvolven os socios suecos.Simultaneamente, estase a rematar a elaboración de contidos actualizados que se poderán utilizar nos procesos formativos cos consellos reitores, e que ao rematar o proxecto estarán dispoñibles nos seis idio- mas: inglés, italiano, letón, sueco, polaco e español, a n de facilitar o proceso de transferencia.A nais de xullo está previsto que se realice unha xor- nada de presentación dos resultados do proxecto, coa participación de todos os socios do proxecto.Ruth Rodríguez e Loli Couso Técnicas de AGACAVisita a un invernadoiro en Göteborg (Suecia) xestionado por unha cooperativa social