Page 16 - Demo
P. 16
16tendenciasCruz Vermella abre portas ao emprego no ruralEn 2016, Cruz Vermella, entre outras iniciativas, apostou por conseguir a inserción laboral de per- soas desempregadas con perfís complicados e ao mesmo tempo, dar solución á demanda das empresas que, en moitas ocasións, non atopan os profesionais especializados que necesitan. Así, ata 2020, a través do proxecto “Reto Social Empresarial en materia de Inserción Laboral: Alianzas”, cada persoa integrada comezará un itinerario persoal e profesional especí co con formación e prácticas laborais en empresas implicadas na iniciativa.A Institución non parte de cero: a experiencia dou- tros programas previos con certas similitudes e os da- tos obtidos en 2016 son altamente satisfactorios e po- sitivos: o ano pasado máis de 57 empresas diferentes (da área de Santiago), tomaron parte na iniciativa e o 100% manifestaron a súa intención de repetir, faci- litando o acceso laboral a novos profesionais. A por- centaxe de persoas contratadas supera o 62%.O programa vai dirixido a colectivos considerados de “difícil colocación”: persoas maiores de 45 anos, mulleres vítimas de violencia, parados de longa du- ración, mulleres que nunca traballaron fóra da casa, emigrantes retornados e inmigrantes etc, que, de superar os requisitos, entrarán no “itinerario” e reci- birán asesoramento persoal, formación especí ca e acompañamento a través de persoas orientadoras que seguen a traxectoria de cada individuo.Aquela persoa que desexe formar parte do proxecto debera demostrar interese, gañas de aprender e de traballarCecilia Villar“Un requisito indispensable para a persoa que quei- ra entrar no programa e amosar actitude, verdadeira motivación e interese por formarse profesionalmente. Temos un número limitado de prazas; se a persoa non está disposta a comprometerse asistindo ás cla- ses e ás prácticas, non entrará no Itinerario. Amosar verdadeiro interese por traballar é vital”, indican Ce- cilia Gómez e Luisa Neira, responsables do proxecto.Emprego no ruralCruz Vermella quere implicar ao rural neste proxecto. “Sabemos que están pechando granxas porque fal- ta relevo xeracional pero tamén detectamos deman-da de persoal por partede explotacións, indus-trias, cooperativas e ou-tras empresas vincula-das ao sector primarioxa que a actividade agrogandeira ten evolucionado moito e precisa profesionais formados. A través do programa estamos en disposición de procurar a for- mación especí ca que nos demanden e preparar ás persoas axeitadamente”, comenta Neira.Agardamos que nos chamen todas as cooperativas e outras empresas para que nos pidan información sobre o programa. Seguro que lles vai interesarLuisa NeiraHostalería e Comercio foron os sectores máis re- ceptivos en 2016 pero, a organización recibe posi- tivamente suxestións de perfís profesionais de parte de calquera entidade, así poden deseñar os cursos orientados a cubrir esas demandas e formar aos de- mandantes xusto na área que necesita a empresa.Os admitidos recibirán unha media de 150 horas de capacitación coa posibilidade de acceder a prácti- cas reais nas empresas durante períodos de tempo que poden oscilar entre catro e seis semanas.“Son cursos moi valorados polas propias empresas, así nolo teñen dito directamente”, asegura Villar.Queremos abrirnos ao sector primario onde sabemosque se precisa formación máis adaptada ás necesidades das explotacións e empresasCecilia VillarCruz Vermella conta con centros adaptados en A Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra, Burela, Barco de Valdeorras, Ourense e Lugo, con posibilidade de ha- bilitar máis centros en función das demandas.O proxecto está nanciado polo Fondo Social Euro- peo, no marco do Programa Operativo Inclusión So- cial e Economía Social (POISES), o Ministerio de Em- prego e Seguridade Social e fondos propios.Para solicitar información: Tfno: 981 586 969. Pregun- tar por EBAE ou enviar unha mensaxe a luneso@ cruzroja.es. Para empresarios, o mesmo teléfono coas extensións: 38698/38709.