Page 18 - Demo
P. 18
18tendenciasA Xunta activa medidas de control da praga da patacaUn total de 31 concellos do norte de A Coruña e Lugo son considerados zona infestada, con prohi- bición para plantar pataca en dous anos e, outros 16 concellos limítrofes, zona tampón, con medidas algo menos restritivas. A consellería do Medio Ru- ral así o determinou mediante a resolución do 8 de marzo que desenvolve o programa nacional do Ministerio de Agricultura que pretende controlar e erradicar a praga da couza guatemalteca (Tecia solanivora Povolny) da pataca que xa se detectara en Galicia en 2015, procedente de Centroamérica.Zonas InfestadasA Coruña: Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño, San Sadur- niño, A Capela, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Orti- gueira, Mañón e As Pontes de García RodríguezLugo: Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barrei- ros, Ribadeo, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro, Ourol, Abadín, A Pastoriza, Riotorto e A Pontenova.Zonas tampónA Coruña: Pontedeume, Monfero, As Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Cariño.Lugo: Xermade, Muras, Vilalba, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Meira, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada,Recomendacións da Xunta:Zonas InfestadasNon se poderá plantar pataca ata dentro de, mí- nimo, dous anos; hai que desenterrar e destruír as patacas de campañas anteriores máisas que aparezan durante a prohibicióndo cultivo e, polo menos, practicar un tratamento de tosanitarios en parcelas de cultivo de pataca da campaña an- terior.Zonas tampónConstitúen unha franxa de 5 km arredor dos concellos infestados.Neles haberá que aplicar tratamentos tosanitarios, desenvolveranse inspeccións e instalaranse trampas con feromonas sexuais.Tampouco poderán destinar- se a semente as patacas xa recollidas; haberá que instalar mallas nas zonas de almacenaxe e declarar as plantacións que se fagan, entre outras medidas.AlmacenaxeNon se pode almacenar pataca destas zonas para autoconsumo. En caso de telas, hai que comunicalo aos servizos o ciais o mesmo que coas patacas de semente non plantadas, co n de destruílas.Os almacéns onde se gardaban as patacas deben desinfectarse, destruír sacos e caixas que estiveran en contacto con elas e instalar trampas con feromo- na sexual especí ca para captura da Tecia. Tamén hai que levar un rexistro de entrada, saída, orixe e destino de toda a pataca.Totalmente prohibida a comercialización de pataca de sementeEn canto ao transporte, só se permite a entrada e circulación de pataca preparada e envasada para o consumidor nal, procedente de zonas libres de praga. Deberá circular en vehículos protexidos.Os vehículos de transporte deberán seguir medidas de hixiene que aseguren a limpeza e eliminación da terra residual, garantindo que non se propague a praga e evitarán transitar con pataca de consumo por zonas infestadas. De ter que transitar, o camión debe cumprir uns requisitos especí cos de illamento.A Resolución com- pleta da Dirección Xeral está no DOG número 49, do 10 de marzo. O Real Decreto 197/2017 do Mapa- ma, no BOE número 54 do 4 de marzo.