Page 20 - Demo
P. 20
20caderno técnicoPequenos ruminantes.Un interesante complementopara as explotacións agrogandeirasAínda que a mediados do século XIX había máis de 2.000.000 de ovellas e cabras en Galicia —sobre todo ovellas para produción de la, carne e leite—, o sector dos pequenos ruminantes domésticos (ovino e cabrún) ten, na actualidade, pouca importancia, tanto polo número de cabezas como polo seu valor económico cando se compara cos outros subsecto- res gandeiros de Galicia. En troques, se unicamente se tivera en conta o número total de explotacións rexistradas con número de REGA que teñan algún animal destas dúas especies, este sería case tan ele- vado como o de explotacións de vacas de carne.O subsector de ovino e cabrún non é relevante en Galicia polo valor económico nin polo número de cabezas pero, de ter só en conta o total de explotacións que contancon algún animal destas dúas especies, o número sería case tan alto como o de ex- plotacións de vacas de carne.Todo isto pode considerarse un indicador de com- plementariedade con outras actividades agrarias ou do que queda delas. Moitas familias aínda conser- van un último rastro de actividade pecuaria criando este tipo de animais; case sempre, ligada á dispoñi- bilidade de pastos e a que non implique excesivo tempo de traballo, ou mesmo que sexa un comple- mento doutras actividades laborais ou de reincorpo- ración ao sector gandeiro.Unión Europea, España e GaliciaA Unión Europea é de citaria na produción de carne de ovino nos últimos anos: ata 2015 reduciuse arre- dor dun 9% e o consumo tamén baixou, tal vez por mor da crise económica. A pesar disto, o conxunto dos países da Unión Europea importa anualmente arredor de 200.000 de toneladas (t) de carne de cor- deiro. Os grandes países produtores a nivel europeo son Reino Unido e España, sendo tamén importan- tes Francia, Italia, Grecia e Portugal. Impórtase, sobre todo, de Nova Zelandia e doutros países do hemisfe- rio Sur. España importa arredor de 7.500 toneladas/ ano pero tamén exporta parte da súa produción.O conxunto dos países da Unión Europea importa anualmente arredor de 200.000 t de carne de cordeiro. España importa arredor de 7.500 toneladas/anopero tamén exporta parte da súa produción.Na nosa comunidade só se produce o 26% do que se consome.Cabezas explotacións<1010 a 49 50 a 99 100 a 249 >249 TotaisA CORUÑALUGOExplotaciónsCabezasExplotaciónsCabezas5.148 739 21 96 5.92318.941 12.198 1.307 1.519 2.437 36.4025.019 1.459 138 67 14 6.69720.566 26.721 9.408 9.809 4.599 71.103OURENSEPONTEVEDRAExplotaciónsCabezasExplotaciónsCabezas<1010 a 49 50 a 99 100 a 249 >249 Totais1.874 1.143 145 156 56 3.374GALICIA9.219 22.245 9.903 23.723 22.210 87.300Cabezas4.959 701 33 22- 5.71517.249 11.445 2.258 3.528 - 34.480Explotacións<1010 a 49 50 a 99 100 a 249 >249 Totais17.000 4.042 337 254 76 21.70965.975 72.609 22.876 38.579 29.246 229.285Estrutura da produción de ovino-cabrún en GaliciaOvellas aproveitando pastos sobrantes do outono (A Pastoriza)

