Page 22 - Demo
P. 22
22caderno técnicomesma situación semella ser bastante difícil e im- probable cando se traballa con outras especies de ruminantes.Ovellas e cabras son os animais mellor dotados para consumir recursos herbáceos e arbustivos, tan abundantes e malaproveitados en Galicia, e poden vivir, case exclusivamente do pasto e do ramalleo de arbustos.Os pequenos ruminantes poden vivir exclusivamen- te, ou case, do pasto e do ramalleo de arbustos; incluso os años e os cabritos para sacri cio (ceba- dos con herba) poderían chegar a acadar o peso e a conformación necesaria requirida pola industria cárnica sen recorrer ao suplementado de concen- trados, sempre que os partos foran axeitadamente programados nas épocas máis propicias do ano.Nos casos en que por circunstancias climáticas (se- cas), baixa calidade dos recursos forraxeiros dispo- ñibles, manexo inadecuado, fose preciso recorrer ao uso de concentrados, as cantidades necesarias dos mesmos sempre serían baixas, comparadas coas necesidades dos vacúns de carne ou de leite.As ovellas necesitan basicamente pasto herbáceo de calidade, porén, as cabras son moi selectivas e pre ren consumir herbas altas e todo tipo de arbus- tos (silva, carqueixa, xesta, uz, gromos de toxo etc). Por esta razón son ideais para os terreos de monte nos que predomina a vexetación ligni cada.Ovino e cabrún, complemento das ex- plotacións intensivas de vacún de leiteNa actualidade, as explotacións intensivas galegas de leite apenas empregan herba fresca para alimen- tar as súas vacas e a ración dos animais componse exclusivamente de forraxes ensiladas (millo e herba) e concentrado. A herba que medra no outono é po- bre en carbohidratos, ensila mal e a conservación adoita ser de ciente e custosa. Esta é a razón polaCarneiros de raza Galegaque non convén empregala nas racións das vacas en lactación.A mudanza climática está provocando que os ve- ráns sexan máis secos, os outonos máis longos, que arredor do 20% da produción anual de herba se produza nesa época e que mesmo se converta nun problema ligado á necesidade da súa eliminación mediante desbroza. Esta herba —que non é acon- sellable ensilar—, podería usarse para pastoreo de vacas secas ou xovencas, pero pacer implica ter cercados e caces e mover animais pouco acostu- mados a desprazarse dunhas parcelas a outras, se- paradas entre si. Ademais, estas prácticas raramente son unha prioridade para a maioría dos gandeiros de leite.A desbroza é custosa. Moitas explotacións contan con rozadoiras de prados pero están a esnaquizar un alimento degran calidade e aproveitable, por exemplo no pastoreo con ovellas.A desbroza é custosa. Ás veces contrátase con em- presas pero moitas explotacións dispoñen dunha ro- zadoira de prados. A contradición é que esnaquiza algo perfectamente aproveitable e, sobre todo, un alimento de alta calidade.O pastoreo con ovellas solucionaría este problema porque estes animais teñen a capacidade de apro- veitar sen problemas esta herba caracterizada poloOvellas na neve A Pastoriza

