Page 23 - Demo
P. 23

seu alto contido de auga, rica en proteína e pobre en  bra e carbohidratos. Nos concellos de A Pasto- riza, Riotorto, Meira e Pol é bastante común que os rabaños de ovellas ou de cabras de gandeiros es- pecializados nesta produción aproveiten durante o outono e o inverno a herba sobrante das granxas de leite. Na práctica, ovellas e cabras devolven ao solo das parcelas pacidas todos os elementos fertilizantes que consumiron, en forma de dexeccións sólidas e lí- quidas, facilitando que o rebrote da herba na prima- vera seguinte sexa máis brizo e denso, mellorando a calidade e a cantidade da herba para ensilar.Aínda sendo importante a cabana de ovellas e cabras dis- poñible nos concellos antes citados, o seu número é totalmente insu ciente para poder controlar todo o exceso de herba outoniza.Unha explotación de vacas de leite en con namen- to permanente podería ter unha actividade comple- mentaria coa cría de ovellas, que aproveitarían os recursos herbáceos sobrantes da actividade princi- pal, a produción de leite: as ovellas pacerían as par- celas sobrantes ou as non interesantes para conser- var (por di cultade de acceso, zonas con pendente excesiva ou zonas húmidas nas que a maquinaria non puidese entrar en certas épocas do ano), pero que permitirían un corte para herba seca no verán. Tamén pacerían as áreas de baixa fertilidade, en épocas nas que altura da herba non compensa a súa colleita, como pode ser o caso dos talos pouco densos das gramíneas espigadas logo dos veráns secos e, especialmente, o pasto que medra ao longo do outono e inicio do inverno.O pastoreo pode regularse e cazmente utilizando redes electri cadas móbiles, de fácil colocación e doadas de transportar; tamén axudaría a manter unha pradería de máis calidade ao longo do ano. Como inconveniente presenta o incremento do tra- ballo na explotación.23caderno técnicoOs animais deben permanecer sempre fóra e o tem- po de traballo requirido non debería exceder dunha ou dúas horas cada tres ou catro días, dependendo da cantidade de pasto en oferta. O tamaño do raba- ño complementario de ovellas nunha granxa de leite dependerá das características e natureza física da explotación, da dispoñibilidade da man de obra e, sobre todo, do sistema de manexo da alimentación.ESTIMACIÓN DE TEMPOS DE TRABALLO EN SISTEMA DE MANEXO DE OVINO EN RÉXIME EXTENSIVO (VEIGA DE LUACES – MOSTEIRO, POL)TIPO201420152016AlimentaciónAtención nos partosXestión dos añosTratamentosXestión do rabaño - OutrosDesbroza perimetral de peches  xosVisita revisiónMovemento rabaño mallas móbiles (desbroza, colocación, movemento rabaño)Desbrozas de limpezaLabores agrícolas (adubados, re-sementeiras, etc...) Xestión sebes-leñas Mantemento e reparación de maquinaria Construción e mellora de instalacións  xas Mantemento de instalacións Trámites e xestiónsTOTALDíAS na explotaciónTempo medio/día (horas diarias na explotación)74,30 21,20 49,15 13,10 26,98 23,80 11,33 39,9826,05 6,80 10,70 7,30 29,10 10,75 1,05 351,59215 1,6370,81 30,65 18,00 7,30 23,70 16,25 15,75 33,7119,25 9,75 7,10 9,40 15,20 13,98 3,50 294,35189 1,5527,43 17,82 8,55 15,72 27,93 26,30 13,05 24,3633,28 3,05 26,55 1,00 15,45 24,41 4,36 269,26170 1,58Tapa elaborada con cordeiro de Pastores de Galicia a baixa temperaturaO complemento con cabras nas explotacións de leite está mais ligado ás explotacións que fan pasto- reo porque, en alimentación, as cabras son comple- mentarias ás ovellas e ás vacas: apenas compiten con elas, debido a que aproveitan distintos estratos do pasto. As ovellas comen o mesmo que as vacas:queren herba nova e baixa; pola contra, as cabras son moi selectivas e pre ren pacer as partes máis altas da pradería, como as gramíneas espigadas, máis lig- ni cadas, que adoitan rexeitar as vacas.Convén resaltar unha experiencia, publi- cada hai varios anos, realizada en Nova Zelandia, na que se comparaba a produ- ción de leite de vacas soas en pastoreo con outra experiencia na que se intro- ducía no rabaño unha cabra por cada catro vacas mantendo ambos os dous grupos nas mesmas condicións. Resulta- ba superior a produción de leite cando a cabra acompañaba ás catro vacas lei- teiras fronte aquela onde só había vacas.No132 - Marzo 2017


































































































   21   22   23   24   25