Page 24 - Demo
P. 24

24caderno técnicoA explicación baseábase en que cando as cabras estaban presentes, estas especializábanse en con- sumir o estrato de herbas que rexeitaban as vacas, mantendo o pasto máis uniforme e dixerible, favore- cendo a presenza de trevo na pradería.O maior problema vinculado ás cabras sería o seu manexo, pois son animais con moita curiosidade e, por tanto, difíciles de reter; só respectan razoable- mente ben os cercados eléctricos con dous ou máis fíos, cando para o control das vacas pode ser su - ciente cun só.Por tanto, unha explotación de vacas de leite pode- ría ter unha produción complementaria que aprovei- taría recursos non consumidos, lembrando como in- convenientes o manexo dos animais e a necesidade de cercados compatibles para as dúas especies. Do exemplo anterior pode deducirse cal podería ser o número axeitado de cabras para unha explo- tación de pastoreo, pero, para determinar o número de ovellas nunha explotación intensiva de leite, sería preciso determinar os recursos en pasto sobrantes tanto no outono como no resto do ano calculando, case sempre, un máximo dun 15-20% da carga gan- deira da granxaConsiderando que unha ovella supón o 0,15 da UGM (Unidade de Gando) para unha explotación de 30 ha e 50-60 vacas de leite en con namento, po- dería calcularse arredor de 50-60 ovellas e as súas crías, procurando programar os partos a  nais do verán co  n de vender cara ás festas do Nadal. Para lograr partos nesta época, será preciso empregar un tratamento hormonal.Como complemento das explotacións de vacún de carneAs explotacións con vacas de carne adoitan estar si- tuadas en zonas máis marxinais, habitualmente me- nos intensivas e sen o grao de especialización das granxas de leite.Moitas delas están en zonas de montaña ou menos favorecidas, normalmente, nun contorno con gran- des extensións de terreos abandonados dispoñibles: áreas con pastos arbustivos, zonas plantadas, soutos de castiñeiros que cómpre limpar e mesmo bosque caducifolio escasamente xestionado, no que as va- cas de carne teñen di cultades para penetrar.Aquí as cabras poderían ter un papel preponderan- te pola súa capacidade para consumir unha gran diversidade de vexetación espontánea, o que per- mitiría alternar o pastoreo en prados compartidos coas vacas, consumindo unha parte do rexeitamen- to de herba ligni cada e mellorando a calidade da pradería, combinando este pastoreo con estancias nas partes arbustivas do contorno da explotación que as vacas serían incapaces de usar.Por tanto, neste tipo de explotacións, a función das cabras sería a de xestionar unha parte do territorio xeralmente abundante, con limitacións para implan- tar praderías, terreos que as vacas de carne teñen pouca capacidade de usar e nos que as cabras po- derían lograr mellor e ciencia, reducindo a biomasa existente e contribuíndo á redución do número de incendios e da intensidade dos mesmos.Cabras en pastos arbustivos. Beealia (POL)


































































































   22   23   24   25   26