Page 10 - Demo
P. 10

10a fondoAdhelix conta con 53.280 euros de axudas FEADER.AGACA e o CTC desenvolven o proxecto, que con- ta cos caracois dun produtor particular a ncado en Monforte de Lemos e as mesas creadas por Gaélica Solar.Leite Plus“Leite Plus: valorización do leite de vacún producido en explotacións ecolóxicas e convencionais de Ga- licia” analizará 45 explotacións leiteiras con diferente grao de intensi cación, representativas dos mode- los produtivos galegos, e comparará os modos de alimentación e as mostras de leite obtidas para ver non só as diferenzas que provocan alimentación e estrutura produtiva no leite senón tamén na propia resiliencia das explotacións.En Galicia hai unhas 9.000 explotacións lácteas e 350.000 vacas de leite concentradas no 7,5% do terri- torio galego. O modelo produtivo imperante baséase nun alto uso de concentrado por litro de leite.Pequenas explotacións con modelos menos intensi- vos presentan maior risco de cesar actividade, pero tamén maiores oportunidades en canto á calidade diferencial do leite (tanto por composición como por proceso produtivo con vacas máis lonxevas e en pastoreo) que deben poden contribuír a revalorizalo.As vacas que pastorean en primavera e verán pre- sentan leite menos graxo que as estabuladas que comen silo pero, á vez, a alimentación con herba fresca produce leite máis rico en compoñentes de carácter funcional para a saúde humana.Sería pois recomendable unha reorientación cara a sistemas menos dependentes da compra de ali-mentos externos e máis usuarios de forraxes de alta calidade producidas na explotación, en cantidade su ciente e a custos competitivos.Leite Plus sostén que non depender da com- pra de alimento para as vacas axuda á resiliencia.Neste sentido, o proxecto pretende xerar información sobre a composición  sicoquímica, sobre o carácter funcional do leite producido en explotacións con di- ferente grao de intensi cación no manexo e sobre a súa evolución ao longo do ano.Ao tempo, obtería datos sobre a estrutura produtiva das explotacións que permitan caracterizar o seu modelo de manexo e avaliar a súa sostibilidade eco- nómica (custos de produción) e ambiental. Con iso, proporía medidas de mellora dirixidas a unha mellor valoración do leite galego e da súa capacidade de competir nos mercados sobre a base da diferencia- ción do produto e do proceso de produción.Tamén obtería información sobre as cuestión de manexo que bene cian e prexudican a resiliencia da explo- tación, xerando modos de potenciar as primeiras e de evitar as segundas.Unha das cuestións nas que podería ter in uencia o proxecto é a de propor recomendacións —en fun- ción da valoración polos consumidores—, en canto aos criterios de  xación de prezo de compra de leite con alto potencial (sexa nutricional, funcional ou re- lativo ao sistema produtivo).O proxecto, desenvolvido polo Laboratorio Interprofe- sional Galego de Análise do Leite (LIGAL), o INGACAL e AGACA, conta con 108.576,90 euros de axudas FEADER.As vacas que pastorean en primavera e verán presentan leite menos graxo, leite máis rico en componentes de carácter funcional para a saúde


































































































   8   9   10   11   12