Page 8 - Demo
P. 8

8a fondoA axeitada depuración de augas residuais e a mellora da biodiversidade e da vexetación poderían reducir a contaminación e mellorar o benestar animal.O INGACAL tamén selecciona os indicadores bioló- xicos e físico-químicos de saúde e calidade do solo para a comparación das ganderías convencionais fronte ás ecolóxicas. Para controlar a evolución, to- mará mostras, analizará solos, xurros, e uentes e ase- sorará en materia de fertilización orgánica.AGACA e Casa Grande de Xanceda facilitarán a difusión dos resultados. No caso da SAT, grazas á natureza visitable das súas instalacións e, no caso de AGACA, contribuíndo á transferencia de coñece- mentos e á súa extrapolación á rede EuroDairy, en- marcada no Horizonte 2020 da Unión Europea.O proxecto conta cunha axuda FEADER de 95.286,20 euros.Aproveitamento do monte“Viabilidade do aproveitamento integral dos bos- ques de castiñeiro da cooperativa” é un proxecto encamiñado a obter o máximo rendemento dos montes en man común, sen detrimento do medio ambiente.Entre os principais obxectivos están: mellorar a ca- lidade da castaña mediante a optimización dos labores de demouca, roza e selección de pés e re- plantacións, tarefas que (agás replantacións) xa seestán a acometer por parte dunha das entidades implicadas no proxecto, a cooperativa Amarelante.Amarelante proporciona, ademais do coñecemento de campo sobre necesidades e atención aos soutos, a materia prima e os terreos onde se executa a ini- ciativa, situados na comarca de Manzaneda.Tamén se está a traballar noutro dos obxectivos —es- tudar a viabilidade de producións compatibles coa castaña—, neste caso, mediante o cultivo de plantas aromáticas.Por outra banda, o proxecto pretende estudar dife- rentes aproveitamentos dos residuos da castaña como a cortiza, a pel e o ourizo, en industrias de maior valor engadido como a téxtil ou a cosmética, tarefas ás que se enfocan a Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico da Carne. Amarelante, pola súa banda, comezou xa a recollida e selección destes residuos derivados do castiñeiro.Diversi car o uso do terreo, lograr a e ciencia enerxética, mellorar a calidade da castaña e atopar novos usos dos residuos son obxectivos do proxecto.Paralelamente, tratarase de reducir o impacto no cambio climático do proceso produtivo e transfor- mativo da castaña, á vez que se logra a e ciencia enerxética. Na actualidade, durante o proceso de seca da castaña consómese unha gran cantidade de electricidade como fonte de enerxía, comple- mentada co uso de biomasa obtida trala demoucaRecollida de castaña e mantemento dos soutos por persoal da cooperativa Amarelante


































































































   6   7   8   9   10