Page 7 - Demo
P. 7
7a fondoDurante o último trimestre de 2016 o Fondo Euro- peo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, deu luz verde ao - nanciamento de proxectos de investigación orien- tados á mellora e innovación no mundo rural. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Admi- nistración galega ao que lle corresponde propor e executar as directrices xerais no ámbito do rural.AGACA forma parte de seis deses proxectos, lide- rando tres deles: “Viabilidade do aproveitamento integral dos bosques de castiñeiro da cooperati- va”, “Granxas de leite galegas en harmonía coa natureza e a biodiversidade agraria” e “Adhelix, cultivo intensivo de caracol de xardín”.Ademais, intervén con diferentes funcións en “Dese- ño de ferramentas para minimizar o impacto sobre o medio natural na aplicación de xurro de explo- tacións de porcino”,“O dourado verde” de extrac- ción de resina e “Leite Plus: valorización do leite de vacún producido en explotacións ecolóxicas e convencionais de Galicia”.Biodiversidade“Granxas de leite galega en harmonía coa natureza e a biodiversidade agraria” ten como nalidade es- tudar a biodiversidade asociada ás explotacións e axudar a conservala e mellorala, reducindo os niveis de contaminación e contribuíndo ao benestar dos animais da granxa.Lograríase mediante unha correcta xestión dos re- siduos da actividade da granxa a través de balsas de todepuración natural por fases, de xeito que as augas de e uentes e xurros poidan tamén reutilizar-Sistema de recollida de xurros en SAT Casa Grande de Xancedase. Os traballos desenvolveranse en terreos de Casa Grande de Xanceda SAT (entidade participante no proxecto) que actuará como explotación piloto.Encárgase da execución das balsas a empresa Cal- fensa Proyectos, para o que se inspira nun sistema xa explorado no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Calfensa tamén plantará se- bes de especies autóctonas —previamente selecio- nadas polo Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL)—, para estudar posible efecto da presen- za de vexetación de ribeira no benestar animal.Para que as balsas se convertan en hábitats propi- cios para especies do lugar e fomentar a biodiversi- dade intervirá Grupo Naturalista Hábitat.Para monitorizar e determinar a evolución da biodi- versidade, o INGACAL estudou as especies vexetais usadas tradicionalmente en Galicia para poboar as ribeiras e os modos de protexer as árbores en zonas de pastoreo das explotacións.Balsa de augas en SAT Casa Grande de XancedaNo132 - Marzo 2017