Page 45 - Demo
P. 45

45mundo cooperativoCOREN mellora a xestión da dieta da vaca mediante EFICORO Grupo Coren vén de presentar un novo proxecto dirixido a mellorar o rendemento das granxas de vacún de leite reducindo,ao mesmo tempo,as emi- sións de gas metano.O Proxecto EFICOR —presentado o pasado mes de novembro na Feira de Eurotier en Hannover e a  nais de xaneiro deste ano na Feira de Cimag- Gandagro en Silleda—, consta de dúas liñas de tra- ballo: un Sistema Intelixente de Xestión de Gando Vacún e unha Gama de Alimentación Animal.O proxecto que, a principios de 2015, desenvolvía o equipo de I+D+i de Coren en colaboración con ou- tros socios europeos, entre eles a  rma Francesa Va- lorex, engloba dúas liñas de traballo. Por un lado, un sistema informático permite aos gandeiros adecuar a dieta da vaca ás súas características particulares a través da realización de analíticas de leite, e por tanto, optimizar o rendemento da explotación, redu- cindo as emisións de gas metano. Por outro, unha liña de alimentación de ruminantes abarca todas as fases da vida desde os primeiros días da tenreira ata a plena reproduccion e produción.Se nos inicios do proxecto comeza- ban con 50 granxas, actualmente xa son máis de 260 as explotacións ga- legas adscritas ao programa. Como a rma Aníbal Vázquez Sanmartín, conselleiro de Coren e responsable do proxecto: “ O programa está ten- do tanto éxito que agardamos che- gar ata as 500 explotacións en 2017”.Adaptando a alimentación, redú- cese a emisión de gas metano, gástase menos enerxía e portanto, abarátase o consumo.O sistema permite, a partir da realiza- ción de analíticas do leite (valóranse máis de 20 parámetros), obter datos precisos da particularidade dos ani- mais de cada granxa, xa que o seu per l re icte, de xeito exacto, o funcio- namento do rume e do ubre. Así, adáp- tase a dieta aos animais, xestionando máis e cazmente a súa alimentación.O control dos parámetros realízase a través dun con- tador individual situado en cada explotación; así, a gandería, en todo momento, ten acceso aos datos a través do correo electrónico, o que lles permite tomar decisións ao instante.Os resultados das analíticas do leite permiten adaptar a dieta ás características dos animais acadando unha importante mellora na produción.“Seguindo o programa conseguimos que unha xo- venca dende que nace ata os 56 días duplique o peso. En primeira lactación pódese conseguir entre un 15% e 25% máis de produción que a convencio- nal”, asegura Vázquez.EFICOR sitúa a Coren na vangarda en compromiso ambiental, preocupándose pola emisión de gases de efecto invernadoiro producidos pola gandería, á vez que permite que as explotacións galegas se vaian adaptando a futuras lexislacións europeas en materia de cotas de emisión de gases.No132 - Marzo 2017


































































































   43   44   45   46   47