Page 44 - Demo
P. 44
44mundo cooperativoA tenda Gourmet de Campo Capela triunfa no primeiro semestre de vidaPontedeume recibiu en agosto a tenda de alimen- tación gourmet e delicatessen da cooperativa Campo Capela. Nas instalacións venden tanto os produtos da cooperativa como outros alimentos, na maioría galegos e con selo de calidade.Como parte da súa estratexia de crecemento e di- versi cación, a cooperativa Campo Capela inaugu- rou durante a primeira quincena do mes de agosto unha tenda no centro de Pontedeume, que conside- raron una vila propicia para o negocio por tratarse dun lugar con grande a uencia de visitantes.“Ata que se cumpra un ano da apertura, non po- demos dar un balance de nitivo pero estamos con- tentos coa evolución que vai levando”, explica Ana Vence, xerente da cooperativa. Na cooperativa con- sideran que o boca a boca está a funcionar como xeito de dar a coñecer o establecemento: “Abrimos con agosto comezado e somos conscientes de que en inverno sempre hai menos xente, pero temos clientes que veñen comprar dende A Coruña e San- tiago”, comenta Vence.Actualmente venden máis de 150 referencias de produtos galegos entre os que se atopan produtos de chacinería, repostería, marmeladas, aceite, conservas xeado e unha ampla selección de viños.Venden máis produtos, aínda que a idea tras a aper- tura foi que o establecemento sirva de escaparate e punto de venda directa dos produtos lácteos que Campo Capela vén elaborando dende hai déca- das, como son os seus queixos (con chourizo, en aceite, fresco, do país e de tetilla) e os seus requeixos (torta de requeixo, crema de requeixo e mesmo un licor de requeixo). Elabóranse seguindo procede- mentos tradicionais, a partir de leite cru, evitando po- tenciadores arti ciais de sabor ou de conservación, engadidos.Máis alá da faceta comercial, como explica a xeren- te, a tenda é tamén un espazo formativo e divulgati- vo: “Xa cando tiñamos a primeira tenda na Capela facíamos presentacións, sobre todo con cousas dos produtores, e non imos deixar de facelo”.En Pontedeume, durante o Nadal, organizaron unha cata-degustación de viños espumosos e o 9 de mar-zo comezou un curso de cata de viños: “Son catro xornadas de dúas horas. En cada unha catáronse cinco viños galegos de diferentes procedencias pero non só é unha cata, tamén houbo formación sobre viticultura e traballo en adegas, terreos, clima, mari- daxe e novas tendencias en viños”.Se os obxectivos se cumpren, non descartan a aper- tura de novos establecementos.Horariode luns a sabado: 9:30-13:30 e 16:00-20:30 domingo: 11:30-13:30Telefono 629 331 718

