Page 43 - Demo
P. 43
A fundamental, ademais das que expusen antes, é que non é para os socios un proxecto incerto ou in- concreto, para dentro de tres ou de cinco anos. Son os socios actuais, se todo vai segundo o previsto, os que van percibir os bene cios do investimento e os que poderán facer previsións de futuro nas súas ex- plotacións, mantendo a actividade con estabilidade e prezos dignos.Os socios actuais van percibir os bene cios do investimento e poderán facer previsións de futuro—Contan con algunha estratexia de trans- formación para obtención de produtos ou ingredientes con valor engadido?Imos dar resposta e servizo coa maior solvencia pro- fesional que poidamos a todo o que os nosos clien- tes e o mercado nos demanden ou pidan.—Ralizarán algún investimento en cambio ou mellora de instalacións da planta do Sa- viñao?Acabamos de chegar e os investimentos e melloras que se van realizar son os que xa estaban previstos. Iso, loxicamente, non implica que a curto ou a medio prazo nos plantexemos acometer novos investimen- tos ou, incluso, ampliacións.—Actualmente CLUN está activa e Dairylac en proceso de construcción da súa torre de secado, á vez que nacen outras iniciativas como Goodleit.Ven a estas entidades como competencia ou posibles aliados?O noso proxecto é, ata donde podemos coñecer dos outros, máis modesto. Nós estamos no mercado xa. O futuro dirá se son competencia. En todo caso, o que si é seguro e que calquera proxecto que leve á transformación do leite e á implantación de novas industrias e a permanencia das existentes en Galicia, é bo para o sector.43mundo cooperativoCalquera proxecto que leve implantación de novas industrias e permanencia das existentes en Galicia é bo para o sector—Porque cre que é agora cando se mate- rializan tantos procesos de integración ou colaboración entre cooperativas?Os últimos tempos foron preocupantes e convulsos no sector. Non era fácil acadar o punto de equilibrio que permitise non dar perdas. A falta de rendibilida- de e a inseguridade de futuro provocaron a desapa- rición de explotacións e baixas de socios nas coo- perativas. As industrias tampouco mostraban moita iniciativa e a ameaza de acercar as recollidas aos lugares onde estaba o consumo empeza a facerse efectiva.Iso, seguramente, foi o que xo que non só as coo- perativas senón tamén os propios gandeiros come- zaran a buscar alternativas ou proxectos que permi- tisen garantir recollida e prezos. Endendemos que iso pretenden os proxectos que se están a xestar e se anuncian para o futuro.As integracións e fusións que agora están en marcha, seguramente, deberían terse feito hai anosA colaboración entre cooperativas ou incluso as integración e fusións que agora están en marcha deberían, seguramente, terse feito hai anos. Imos un pouco retrasados pero iso non debe levar a pensar a que as integracións, fusións ou calquera outra forma de colaboración poden acometerse con présa e sen rigor, pois son procesos complexos e delicados.Coreber e Lemos temos claro que o futuro do sec- tor cooperativo na nosa comunidade pasa por ser cada vez máis competitivos e fortes, pero sen esque- cer esa complexidade que esixe unha análise e un estudo previo minucioso e transparente.,,,,,CELEGA en cifras Capital:80% de Cooperativa de Lemos; 20% de Coreber. Facturacion: 60 millons/ano Capacidade de transformacion de leite:- 120000 toneladas ao ano- 11 millons de litros ao mes - 370.000 litros ao dia Recolle leite en 350 granxas e tres cooperativas.

