Page 41 - Demo
P. 41

Formamos ao personal das granxas para tratar de superar a estacionalidade que tanto condiciona produción e consumoRafael TejedaOVICA pretende reverter esta tendencia desenvol- vendo accións formativas cos gandeiros no senso de modi car os actuais hábitos na disposición dos pe- ríodos reprodutivos, en cuestións como o tratamento do celo nos animais e así romper coa limitación que supón coincidir sempre nas mesmas datas.XuventudeAo revés do que sucede noutros ámbitos, detéctase un interese entre xente moza por iniciarse nesta acti- vidade: “Nos últimos tres anos, asociáronse 65 novos gandeiros propiciando un cambio xeracional”, reco- ñecía Diego, gandeiro de ovino en Sober (Lugo) e voceiro da Xunta Directiva de OVICA durante o dis- curso de agradecemento polo premio Aresa de Des- envolvemento Rural, outorgado a OVICA, polo grupo do mesmo nome o pasado mes de febreiro.Os 10.000 euros do premio servirán para axudar na promoción da marca por toda Galicia. Na páxina web de OVICA (www.ovica.org) pódese atopar infor- mación sobre as actividades da Asociación, e fun- damentalmente na difusión a través de facebook e twitter: @OVICA_.DatosOvinoSegundo datos de maio de 2016 publicados polo Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medioambiente, Galicia ocupa o primeiro lugar no relativo a número de explotacións de ovino en 2016, signi cando o 20% de toda España (por riba dou- tras como Andalucía, cun 17,4% ou Estremadura, cun 13,5%). Porén, en canto a número de animais, pasa- mos ao 1,4%, con preto de 230.000 animais, fronte41mundo cooperativoao 20,9% de Estremadura, con máis de 3.500.000 animais e o 18,4% de Castela e León, con 3.099.116 cabezas.En 2015 producíronse más de 116.000 toneladas de carne de ovino en España; en Galicia, 339 toneladas, moi lonxe das 29.000 de Castela e León ou as 16.000 de Cataluña. En porcentaxe, Galicia supuxo o 0,3 da produción nacional, só por diante de Cantabria, As- turias e Canarias.CaprinoEn número de explotacións de caprino, Galicia al- canza o 29% (só varía nunha explotación con res- pecto ao número que alcanzan as de ovino, polo que cabe pensar que se trata das mesmas explota- cións, que contan con gando ovino e caprino) segui- da de Andalucía, cun 21%, e Estremadura, cun 10%. No relativo a número de animais, sucede algo similar: Galicia baixa ata o 2%, con algo máis de 57.000 ani- mais, mentres Andalucía alcanza o 35%, superando o millón de cabezas, e Castela A Mancha, un 15%, con preto do medio millón.En caprino producíronse, en España, 9.230 toneladas das que 46 toneladas corresponden a Galicia, o que supón o 1% do total da produción estatal. Andalucía ocupa aquí o primeiro lugar con algo máis de 2.700 toneladas e o 30% da produción.As actvidades de difusión e promoción da marca poden consultarse en Facebook e se desexan máis información poden contactar a través do email mar- capastoresdegalicia@gmail.com ou no teléfono 982 245 142.OVINOGalicia Estremadura AndalucíaCastela e León Castela a ManchaNo explotacións%No animais%Produción (t)%23.232 15.748 20.195 11.136 6.90420% 13,50% 17,40% 9,60% 5,90%229.854 3.521.437 2.234.496 3.099.116 2.574.8171% 20,90% 13,20% 18,40% 15,30%339 4.052 6.934 29.285 15.4270,29% 3,48% 5,95% 25,13% 13,24%CAPRINOGalicia Estremadura AndalucíaCastela e León Castela a ManchaNo explotacións%No animais%Produción (t)%23.233 7.933 16.633 2.829 3.86129% 10% 21% 4% 5%57.240 296.878 1.047.430 144.157 447.2352% 10% 35% 5% 15%46 299 2.747 813 8591%3% 30% 9% 9%Datos de 2015 publicados polo Ministerio de Agricultura y Pesca,Alimentación y MedioambienteNo132 - Marzo 2017


































































































   39   40   41   42   43