Page 40 - Demo
P. 40
40mundo cooperativoNace Pastores de Galicia, a marca dos cabritose cordeiros galegosOs cabritos e cordeiros nacidos e criados en Gali- cia xa teñen marca de garantía propia: Pastores de Galicia. Un distintivo impulsado pola “Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovi- ca)” que nace co n de dar visibilidade e profesio- nalizar unha actividade gandeira, polo de agora estacional e minoritaria, e reivindicar a tradicional gura do pastoreo.Para promover a iniciativa en toda Galicia, Ovica está a organizar unhas xornadas de presentación e degustación en distintos puntos de Galicia. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro na praza de Abastos de Lugo.Aínda que as datas están sen pe- char, as citas pendentes son na Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense.Marca de garantíaMalia que se trata dunha iniciativa impulsada por OVICA, “Pastores de Galicia é unha marca de ga- rantía aberta a todo o mundo, aínda que non forme parte da Asociación”, especi ca Rafael Tejeda —se- cretario de OVICA e representante da Xunta Sectorial de Vacún de Carne, Ovino, Caprino e outras carnes, ademais de vogal, en AGACA— aclarando que o selo aplicarase a aqueles cabritos e cordeiros naci- dos e criados en Galicia, en explotacións respectuo- sas con requirimentos especí cos en canto a alimen- tación, benestar animal e manexo.O distintivo está aprobado pola Dirección Xeral de Industrias Agroalimentarias, dependente da Conse- llería do Medio Rural, dende decembro de 2015.OVICAConscientes de que queda un longo camiño por percorrer, dende a Asociación que representa ao ovi- no e cabrún en Galicia están convencidos de que a progresiva implantación da marca será un éxito xa que é un subsector no que se aprecian posibilidades de relevo xeneracional, con rma Tejeda.Asentada no Pazo de Congresos e Feiras de Lugo, OVICA está integrada actualmente por 174 explota- cións que representan o 20% do censo de ovino e cabrún en Galicia, cunhas 25.000- 30.000 cabezas. É a única asociación de ovino e cabrún galega queUn pastor acompañado do seu can representa a marca Pas- tores de Galicia. Rafael Tejeda aclara:“A ausencia de cabras ou ovellas é deliberada.Ademais de profesionalizar e facer máis visible o sector, queremos reivindicar a tradicional - gura do pastor”representa a todo o sector e non unicamente a pro- dutores de razas autóctonas.Aínda que para ter acceso á marca non é obriga- torio que a explotación sexa socia de OVICA, si o é respectar o plan veterinario especi cado.Vélaro S. Coop. GalegaA comercialización realízase a través da cooperativa Vélaro, cuxa constitución promovida dende OVICA, faise realidade en 2012 co n de desenvolver, entre outros, servizos técnicos, formativos, de adquisición de material gandeiro en común e a comercializa- ción da produción das explotacións asociadas.A comercialización da produción realízase a través da cooperativa Vélaro, promovida por OVICALévanse feito enquisas, entre outros espazos, en car- nicerías, restaurantes e cadeas de distribución valo- rando a iniciativa, e a resposta recibida está a ser favorable, asegura Tejeda:“De feito, estanse a manter contactos con dúas importantes cadeas distribuido- ras”.A cooperativa traballa con canais e medias canais; non ten previsto seccionar nin preparar bandexas co produto despezado a curto prazo: “Este é un nicho de mercado que queda aberto pero a nós, en princi- pio, non nos interesa”, aclara Tejeda.ProduciónUn dos grandes obstáculos que cómpre salvar e o feito de tratarse dun consumo de carne moi des- igual, condicionado por períodos de tempo deter- minados —cun primeiro semestre bastante contido en ventas e elevados picos no período do Nadal e tamén no verán, ao carón das festas— ligado a unha produción estacional.

