Page 38 - Demo
P. 38

38mundo cooperativo“A Faba de Lourenzá diferénciase a través dos cinco sentidos”José Cuadrado, presidente de Terras da MariñaTerras da Mariña, S.Coop.Galega nace en 2014, cunha vintena de socios, debido ás inquedanzas dun grupo de produtores de Faba de Lourenzá ante unha serie de peculiaridades relacionadas coa produción e comercialización. A través desta coo- perativa dedicáronse grandes esforzos na xestión conxunta da produción de faba das explotacións dos socios co  n de garantir un Referencial de Ca- lidade veri cable, que asegure a trazabilidade e a seguridade alimentaria aos clientes en relación ao uso de  tosanitarios e á análise dos puntos críticos e perigosos do seu manexo.A IXP Faba de Lourenzá engloba os 15 concellos da Mariña de Lugo, sendo en Lourenzá, Ribadeo e Mon- doñedo onde máis se cultiva esta leguminosa.“A faba de Lourenzá diferénciase polos cinco senti- dos”, indica José Cuadrado, presidente da coope- rativa: “Pola súa textura mantecosa; pola brancura e forma; o aroma doce que desprende, terroso e amidonado, e incluso produce un son peculiar. É im- posible de confundir ao padal en calquera receita, desfai soa na boca e apenas ten pel”.A faba de Lourenzá diferénciase polos cinco sentidos: por unha textura mantecosa; pola brancura e forma; polo aroma doce que desprende, terroso e amidona- do, e ata polo son peculiar que produceJosé CuadradoProceso produtivoO proceso da faba é controlado dende o primeiro momento, baixo a tutela dun biólogo.O sementado pode realizarse directamente na terra a primeiros do mes de maio, ou en bandexa —neste caso, a  nais de abril—, para logo realizar o trans- plante. Este proceso pode realizarse a man ou con máquinas.Unha vez sementado, póñense uns titores: nuns ca- sos estacas e noutros barras de ferro, separadas en- tre si no ancho e no longo, para despois instalar rede, arame ou cordón. Unha vez comecen a medrar, ne- cesitan ser guiadas pola rede para ascender.RecollidaNo inicio da maduración, poden recollerse en fresco para debullar á man, unha a unha, e conservar no conxelador.En plena madurez, pódense recoller vaíña a vaíña ou a planta completa, colgándoa para un secado total. Xa secas, debúllanse en máquinas especializadas que separan a vaíña da faba.Clasi cación e envasadoA clasi cación realízase segundo o tamaño, sepa- rando as manchadas ou defectuosas para garantir un tamaño uniforme.Para matar o gurgullo ou couza conxélanse a unha temperatura inferior a -20oC uns cinco días. Despois, déixanse desconxelar a temperatura ambiente e por último, procédese ao envasado. Dependendo da canle de distribución, realízase en envases de 1⁄2, 1, 5,10 e 25 kg.ComercializaciónA cooperativa comercializa a IXP Faba de Lourenzá e a Faba verdina. Tamén, en menos cantidade, a faba pinta, a amarela ou a do caldo.


































































































   36   37   38   39   40