Page 36 - Demo
P. 36

36mundo cooperativoDelagro viste os campos de rosaPanos, camisetas, lazos, pulseiras, ata botellas de aceite de cor rosa.Esta cor tense convertido xa nun emblema no labor de concienciación da impor- tancia da prevención e tratamento do cancro entre a poboación feminina, como podemos ver a cotío ao noso arredor,sobre todo no ámbito urbano...ata o de agora, porque máis dun terase sorprendido ultimamente ao ver repartidas grandes bolas de herba de cor rosa no medio dos nosos campos. Trátase dunha iniciativa posta en marcha hai uns meses mediante a que varias empresas fabrican- tes de plástico de todo o mundo queren manifestar o seu compromiso con esta loita.Sensibilizada con esta cuestión, a cooperativa de segundo grao Delagro está a fabricar e pór a ven- da bobinas de plástico de cor rosa para protexer as forraxes; unha acción solidaria, en colaboración coa Asociación Española contra el Cáncer (AECC) me- diante a que, por cada bobina vendida, a coope- rativa doa dous euros á Asociación. As bobinas, de plástico Trioplus de 21 micras véndense tanto a coo- perativas socias como a terceiros que as demanden.A exposición das bobinas na feira Abanca Cimag- Gandagro foi unha das sensacións desta segunda edición que tivo lugar en Silleda no mes de Xaneiro. Especialistas da cooperativa  xeron demostracións en directo durante os tres días que durou a feira para presentar este novo plástico como solución profesio- nal para o encintado dos fardos de forraxe ante nu- merosos asistentes sorprendidos pola novidade.Outras actividades que tamén xeraron interese en Si- lleda, durante a feira, foron dúas Xornadas Técnicas en torno á aplicación dos fertilizantes, a pegada de carbono nas forraxes, as evolucións dos resultados analíticos realizados sobre estas e o manexo do en- silado.Segundo datos da AECC, en España diagnostícanse anualmente, arredor de 26.000 casos de cancro de mama,supoñendo o 30% dos tumores propios do sexo feminino en todo o Estado. As estimacións indican que o riscode padecer cancro de mama ao longo da vida é de aproximadamente, 1 de cada 8 mulleres.No132 - Marzo 2017


































































































   34   35   36   37   38