Page 47 - Demo
P. 47
47
breves
Medio centenar de persoas asisten ao I Congreso
do Bo Comer
en A Capela
A Cooperativa de Produtores Campo Capela foi unha das entidades que promoveu o primeiro Con- greso do Bo Comer que tivo lugar en Bretoña o 25 de agosto. A xornada acolleu relatorios sobre: os be- ne cios de xantar de vagar para conserva sabores e saberes, o leite como alimento indispensable, a importancia da sanidade da auga utilizada en pro- cesos alimentarios, a relación entre cervexa e saúde e repostería natural.
Campo Capela interveu tamén na XXIX Festa do Re- queixo que o 27 de agosto aglutinou diversas acti- vidades de ocio e divulgación así como degustacións relaciona-
das con este produto.
Máis de 700 visitantes no Túnel do Viño da LXV Festa do Albariño
A LXV Festa do Albariño, celebrada entre o 2 e o 6 de agosto, atraeu este ano a un número récord de visi- tantes para Cambados, designada ademais Cidade Europea do Viño. Máis de 70.000 persoas chegaron a pasar pola vila nalgunha das xornadas de Festa. En canto ao Túnel do Viño, contou con 140 referen- cias de 58 expositores e máis de 700 visitantes.
Participaron 58 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas nalgún dos espazos Feira cos seus viños, ben nas casetas do Paseo da Calzada, ben no Tú- nel do Viño ou ben nas Catas Temáticas. Tres das cooperativas de Agaca, Bodegas Eidosela, Condes
de Albarei e Martín Códax presentaron viños nas Catas, xun- to con outras oito adegas.
Dolores Calvo, pre- sidenta de Condes de Albarei e vogal no Consello Reitor de Agaca recibiu a capa de Dama do Albariño do Capítulo Serenísimo da Orde do Albariño.
Foros temáticos no Museo
do Pobo Galego
O Museo do Pobo Galego celebra este ano o seu 40 Aniversario. Por este motivo practicamente cada mes do ano, dende maio, está a desenvolverse unha xornada temática.
O eido rural e o marítimo foron os protagonistas do foro do mes de xullo: “Agro e mar en Galicia contra
2057”. Nel déronse cita Higinio Mougán, director –xe- rente de AGACA, Juan A. Vázquez, director do Clúster Agroalimentario de Galicia, Daniel Villapol, presiden- te da SAT Montes de Trabada, Eduardodo Míguez, director adxunto do Grupo Porto de Celeiro e Lino Bouzas, do padroado do Museo, como moderador.
No135 - Outubro 2017

