Page 48 - Demo
P. 48

48
breves
Juan V. Gancedo, nomeado persona- lidade do ano po- los Wine Challenge Merchant Awards
O director xeral de Bodegas Martín Códax, Juan Váz- quez Gancedo, foi nomeado personalidade do ano 2017 no subsector do viño polos premios Internatio- nal Wine Challege Merchant Awards, na súa edición nacional.
Este galardón supón un recoñecemento ao labor do director da Bodega por apostar polo viño de calida- de no noroeste de España.
Ademais de levar máis de 20 anos dirixindo Martín Códax, Gancedo tamén é o presidente do Clúster Alimentario de Galicia, patrono do observatorio es- pañol do Mercado do Viño, vogal no consello reitor da Plataforma Tecnolóxica do Viño e tamén, viticultor, como adoita resaltar con orgullo.
  Trimestre intenso de actividades en Clun
A cooperativa de segundo grao Unión de Coopera- tivas Lácteas (CLUN), nacida da integración de Fei- raco, Os Irmandiños e Melisanto continúa desenvol- vendo unha intensa actividade en pro da calidade dos seus servizos e produtos, formación e promoción da súa imaxe.
Así, vén de converterse na primeira láctea en obter o certi cado AENOR en Pegada de Carbono de Pro- duto para o seu leite Únicla.Tamén obtivo a certi ca- ción en Benestar Animal de AENOR.
Por outro lado, está a amosar o seu vínculo coa cul- tura a través de distintas actividades como a última desenvolvida a carón do Festival da Luz 2017 do que foi patrocinador o cial.
A estratexia da entidade serve de modelo para ou- tros como re icte a visita dunha delegación de gan- deiros bolivianos que se achegaron ata as centrais de Os Irmandiños, en Ribadeo; Clesa ,en Caldas de Rei e Feiraco, en Ames dentro dun tour de visitas a distintos puntos e ganderías de España co obxecto de acadar ideas que exportar ás súas explotacións.
E se o leite protagoniza moitas das actividades, tam- pouco se descoida a produción de carne de vacún ofrecendo xornadas formativas destinadas aos gan- deiros e gandeiras socias, como a Xornada Técnica de Comercialización de Vacún que tivo lugar no mes de setembro e da que se agarda ter continuidade.
As relacións institucionais tamén se están a coidar con accións como a visita da Comisión 7a, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia ás instalacións de Clun onde os representan- tes da cooperativa expu- xeron as principais cifras e proxectos previstos a medio prazo.
Un pequeno extracto dal- gunhas das accións vincu- ladas a Clun no transcurso do terceiro trimestre do ano.
  




















































































   46   47   48   49   50