Page 49 - Demo
P. 49

       Altos voos, deportes e reinserción en Condes de Albarei
Por segunda vez, o viño albariño Condes de Albarei Enxebre resulta elixido para integrarse na carta de viños da compañía aérea Iberia.
49
breves
Dende a Bodega resaltan a calidade deste viño, que segue unha elaboración baseada nun “método artesanal adaptado ás novas tecnoloxías, onde os acios enteiros de viñas vellas maceran durante va- rios días nun ambiente carbónico natural, que po- tencia a excelencia da uva albariño.
A bodega tamén protagonizou o principio da cam- paña da vendima deste ano coa nova de que os encargados de iniciar os labores de vendima en Pazo Baión serían os xogadores do equipo de balonmán
Condes de Albarei-Teucro.
Coma todos os anos, nos traballos da vendima participaron unha de- cea de persoas integradas nun pro- grama de reinserción socio laboral.
  DairyLac presenta os novos queixos,
Tres Viajeros
A compañía, con sede en Melide, DairyLac vén de presentar en Santiago de Compostela, dúas novas re- ferencias de produto: os queixos Tres Viajeros, ampara- dos baixo o selo de calidade da D.O.P. Queixo de Tetilla e da D.O.P.Arzúa Ulloa.
Estes queixos súmanse ás di- versas gamas de produto xa ofertadas nos canais Horeca e retail como nata, manteca, queixo crema ou leite fresco pasterizado.
O presidente da compañía, Jaume Llopis, destacou, no acto de presentación, que a entidade procurará mover os queixos polo resto de España e tamén países limítrofes ao tempo que seguirá apostan- do por lanzar novas gamas de produto como é o caso do lei- te infantil.
   No135 - Outubro 2017
 




















































































   47   48   49   50   51